Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Éxito de participación da xornada Erros x Aprendizaxes da Deputación da Coruña e o Clúster do Ecommerce
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Éxito de participación da xornada Erros x Aprendizaxes da Deputación da Coruña e o Clúster do Ecommerce

S. P.
Publicado: 14/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xose_regueira_deputacion_da_coruna.jpgA Deputación da Coruña impulsou este xoves 13 de marzo no recinto PALEXCO (A Coruña) a terceira edición da xornada Erros x Aprendizaxes, un evento que pon o foco nos erros cometidos na xestión do comercio electrónico como “ferramenta clave para a aprendizaxe e o crecemento dos negocios en liña”.
A inauguración do evento contou coa participación de Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación e responsael da área de Promoción Económica e Turismo, e de Xosé Luis Reza, presidente do Clúster do Ecommerce Galego.
O vicepresidente, Xosé Regueira, destacou durante a súa intervención a necesidade de “apoiar o sector do comercio electrónico dende as administracións públicas” e “axudar as persoas que emprenden no ámbito dixital, que se atopan con múltiples trabas e complicacións que afrontar”.
Regueira fixo referencia a “retos importantes como a loxística, a fidelización, a Intelixencia Artificial…” e tamén “ao dos aranceis como consecuencia do panorama actual de comercio internacional”.
Pola súa banda, Xosé Luis Reza destacou a importancia de compartir erros e aprendizaxes dentro do sector: “O comercio electrónico non é tan sinxelo como moitas veces se pensa. Emprender neste sector require esforzo, estratexia e resiliencia. É por iso que eventos coma este son fundamentais, xa que permiten que os profesionais aprendan dos erros doutros e eviten caer nas mesmas trampas”. Tamén resaltou o papel do Clúster do Ecommerce Galego como un espazo para reducir a curva de aprendizaxe e mellorar a competitividade das empresas galegas no ámbito dixital.
erros_por_aprendizaxes_deputacion_da_coruna_web.jpgA xornada reuniu a destacados profesionais do comercio electrónico e do mercadotecnia dixital, quen compartiron os seus erros e aprendizaxes a través de relatorios e casos prácticos. Entre os relatores deste ano estiveron Sara Torreiro (Granxa de Xanceda), Yago Fernández (Cero de Costa), Iván Expósito (Dinahosting), Alfonso Martínez (Accesibilidade Web), Miguel Ángel Vilariño Fuentes (Correos), Carlos Martínez (Ecoballution), Rodrigo Varela (El Amasadero), Carla García (Motive.co), Lorena García (Pets & Vets) e Josep Casas (Food for Joe), entre outros.
Ademais dos relatorios individuais, a xornada incluíu espazos para o networking e o intercambio de experiencias entre asistentes e relatores, fomentando un espazo de aprendizaxe mutua e colaboración.
O evento, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego, reafírmase como “un punto de encontro imprescindible para os profesionais do sector, impulsando a transformación dixital e a mellora continua das empresas galegas de comercio electrónico”, explicaron fontes da institución provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?