Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra achegará 68 obradoiros dixitais a 34 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra achegará 68 obradoiros dixitais a 34 concellos

S. P.
Publicado: 17/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_pontevedra_20250317_luislopez_retodixital_01_1_.jpgO presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este luns 17 de marzo a alcaldes e alcaldesas da provincia a nova ferramenta para afrontar o Reto Demográfico que o Goberno provincial pon a disposición dos concellos máis afectados pola perda, avellentamento e dispersión da poboación. Trátase do programa +Reto Dixital, unha oferta de obradoiros para instruír á poboación de 34 concellos da provincia no uso de aplicacións móbiles coma a do SERGAS, a banca móbil ou a sede electrónica das administracións.
“A través desta primeira convocatoria desenvolveremos un total de 68 obradoiros en 34 concellos da provincia. Dous talleres por concello. É unha iniciativa social que contribúe a construír unha provincia máis accesible, máis cohesionada e máis xusta”, explicou o mandatario provincial nun acto no que tamén participou o deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela.
deputacion_pontevedra_luislopez_retodixital_02.jpgNo salón de plenos do Pazo Provincial déronse cita rexedores, concelleiros e técnicos dos concellos máis pequenos da provincia, así como usuarios potenciais destes talleres para coñecer os detalles dun programa que xorde dunha experiencia piloto como foi o Hub contra a fenda dixital e a soidade non desexada que se desenvolveu con éxito na Illa de Arousa, nas Neves, en Moraña e en Forcarei.
O presidente explicou o funcionamento dun programa que pon a disposición de 34 concellos da provincia a posibilidade de programar ata dous obradoiros dun catálogo integrado por cinco cursos: Administración Electrónica; Uso da sede electrónica da Deputación e da aplicación O Meu Concello (impulsada tamén pola DEPO); SERGAS Móbil, uso da aplicación e do servizo de Teleasistencia; Uso da Banca Móbil e acceso a compras electrónicas; e Uso das Redes Sociais.
Os Concellos interesados en adherirse a este programa que conta cun orzamento de case 30.000 euros, teñen de prazo ata o 31 de marzo para enviar as súas solicitudes.
deputacion_de_pontevedra_luislopez_retodixital_03.jpgO deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, salientou a importancia de mellorar as habilidades das persoas maiores de 50 anos e menos familiarizadas coas novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse con plenitude nas tarefas cotiás. “É unha formación necesaria para adquirir coñecementos para unha relación fluída coa Administración”, comentou o deputado e tamén alcalde dun Concello dos cualificados como do Reto Demográfico como é Cerdedo-Cotobade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?