Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC traballa na creación dun xemelgo dixital para mellorar a radioterapia no cancro de próstata
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC traballa na creación dun xemelgo dixital para mellorar a radioterapia no cancro de próstata

S. P.
Publicado: 18/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xemelgo_dixital_citeec_1.jpgA UDC acolle o desenvolvemento dun proxecto para describir e predicir o crecemento de tumores e a súa resposta aos diversos tratamentos con tecnoloxías avanzadas de cálculo. Trátase do proxecto de investigación en oncoloxía computacional aplicado a cancro de próstata (PCATWIN) que desenvolve Guillermo Lorenzo, investigador contratado Ramón y Cajal do Departamento de Matemáticas da UDC, vinculado ao Grupo de investigación de Métodos Numéricos en Enxeñaría do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC). Un traballo realizado en colaboración cun equipo internacional e multidisciplinar, que inclúe persoal investigador e médico de España, Italia, Países Baixos, Reino Unido e Estados Unidos.
Centrándose nas primeiras fases da enfermidade desde a súa diagnose, o equipo busca deseñar métodos computacionais que lles permitan predicir como avanzará a enfermidade, podendo axudar así na toma de decisións relativas á frecuencia das probas de seguimento e á selección do tratamento radioterápico óptimo. Para axudar con todo este procesado de datos do paciente que permitirán personalizar o modelo, o cálculo das predicións tumorais, e a consecuente toma de decisións, o proxecto traballa na construción dun prototipo de xemelgo dixital.
A curto prazo, a investigación busca deseñar modelos e métodos computacionais que permitan predicir con suficiente precisión o crecemento do cancro de próstata desde o diagnóstico ata o seu primeiro tratamento, que adoita ser cirurxía ou radioterapia. Segundo Guillermo Lorenzo, “tamén estamos a traballar en modelos de resposta radioterápica e seguimento de pacientes post-tratamento. Ademais, buscamos cuantificar a incerteza das predicións, para así poder medir mellor o nivel de risco clínico da enfermidade de cada paciente e poder ofrecer unha atención clínica que a controle, pero non expoña ao paciente a excesivos tratamentos que poidan ter un impacto profundo na súa calidade de vida”.
xemelgo_dixital_citeec_2.jpg De cara ao longo prazo, o equipo de investigación seguirá traballando no desenvolvemento do xemelgo dixital, a través da combinación dos datos de pacientes xa atendidos no pasado coa validación prospectiva, é dicir, tentando facer predicións para pacientes que acaban de ser diagnosticados.
Con todo, o labor de investigación deste grupo de investigación da UDC non queda aquí, senón que na actualidade está a desenvolver outros proxectos:
-O proxecto Green-HUGS pretende analizar a viabilidade de utilizar cavernas subterráneas creadas artificialmente en macizos rochosos salinos para o almacenamento a gran escala (a nivel industrial) de hidróxeno producido mediante fontes de enerxía renovables. Deste xeito o hidróxeno poderíase almacenar de forma eficiente para un uso posterior como combustible ou para produción de enerxía eléctrica.
-O proxecto TOPACIUS está orientado ao desenvolvemento e deseño de estruturas máis eficientes e resistentes coas que se pretende minimizar a cantidade de material utilizado para construílas, minimizando así o seu impacto nos recursos naturais e económicos e preservando ou incluso mellorando as súas propiedades mecánicas e resistentes.
-Os proxectos ATHENEA e NEPTUNE buscan deseñar modelos e métodos computacionais para o deseño de sistemas de enerxía renovable desde dous ámbitos. Por unha banda, trabállase na mellora dos métodos de optimización destes sistemas, e por outra na mellora dos métodos de simulación para estimar os esforzos que as ondas de mar e o vento causan na estrutura que soporta as turbinas.
-O proxecto de investigación VIRIONBREAK, aprobado polo Instituto de Saúde Carlos III dentro da convocatoria de 2020, financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación de España e a Unión Europea, centrada no SARS-CoV-2 e a COVID-19. O seu obxectivo principal era desenvolver unha tecnoloxía para a análise dinámica da cápside do coronavirus, permitindo calcular as súas frecuencias e modos de vibración. Estes resultados resultan claves para identificar emisións electromagnéticas ou ultrasóns que poidan destruír o virión por resonancia. Aplicando ese principio, sería posible o seu uso para os procesos de desinfección instrumental, roupa e instalacións, así como para eliminar o virus en residuos biolóxicos. Ademais, podería usarse en tratamentos terapéuticos tras os ensaios clínicos, se as frecuencias resultasen seguras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?