Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC foron os grandes protagonistas do Startup Day da 8ª edición de ViaGalicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC foron os grandes protagonistas do Startup Day da 8ª edición de ViaGalicia

S. P.
Publicado: 19/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

viagalicia_startup_day.jpgO Startup Day de VíaGalicia, a aceleradora de Zona Franca e o IGAPE, reuniu este mércores 19 de marzo, no Porto do Molle (Nigrán), un centenar de participantes de 36 propostas empresariais que gozaron dun día de dinámicas de grupo para avaliar as súas competencias como promotores. O seu obxectivo: conseguir entrar entre os 23 proxectos elixidos, que nos vindeiros días daranse a coñecer, para pasar á seguinte fase de preaceleración da Academia. Asistiron o delegado do Estado da Zona Franca, David Regades, a directora de IGAPE, Covadonga Toca, e o alcalde de Nigrán, Juan González.
Mentres na primeira fase valoráranse as ideas e o contido dos proxectos, no Startup Day deste 19 de marzo valorouse aos promotores e os seus equipos.
Mediante dinámicas de grupo avaliáronse competencias como o liderado, a comunicación, a capacidade de negociación ou a creatividade. Tamén, o grao de complementariedade e o carácter multidisciplinar, así como a experiencia profesional e emprendedora previa, especialmente no ámbito sectorial de aplicación.
David Regades, que desexou sorte e éxito aos proxectos deste ano, destacou “o excelente balance de 7 edicións de ViaGalicia, que se consolidou como unha das aceleradoras máis destacadas de toda España”. O delegado do Estado na Zona Franca puxo en valor “datos que falan por si sós: analizáronse máis de 1.500 iniciativas empresariais e axudamos na definición do modelo de negocio a máis de 200 proxectos. O resultado son 57 startups que superaron no último ano os 45 millóns de euros de facturación e pecharon roldas de financiamento por valor de 70 millóns de euros, creando máis de 500 empregos de alta cualificación. Son números extraordinarios”.
Das 36 propostas analizadas, destacaron as relacionadas coas TIC, máis dun 22%: aplicacións, servizos de software ou organización de procesos. Tamén os proxectos do sector da agroalimentación e a pesca (17%), e turismo e hostalería (11%). Só estes tres sectores representaron un 50% do total; no 50% restante foron iniciativas vinculadas a servizos a empresas e enerxía e recursos naturais cun 8% do total cada un. En resumo, na tipoloxía de proxectos, as tendencias predominantes foron as novas tecnoloxías, especialmente no eido da Intelixencia Artificial, aínda que comezan a despuntar outros sectores como o envellecemento activo.
A seguinte fase da Academia, na que participarán os 23 proxectos que saian seleccionados do Startup Day deste 19, desenvolverase durante 7 fins de semana para a súa validación e definición. O obxectivo desta nova etapa será facilitar os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para definir o seu modelo de negocio a través dun programa práctico de pre-aceleración, enfocado á proposta de valor, a mellora e definición do modelo de negocio e a súa orientación ao mercado.
Unha vez finalizada a Academia, os mellores proxectos participarán no Demo Day de onde sairán un máximo de 15 propostas que se incorporarán en setembro á 8ª edición de ViaGalicia, que contou cunha participación inicial de 108 iniciativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?