Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus en liña da igualdade laboral achegou case un centenar de accións formativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus en liña da igualdade laboral achegou case un centenar de accións formativas

S. P.
Publicado: 19/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250319xuntacampusenlinaigualdadelaboral_25_.jpgEste xoves 19 de marzo celebrouse na Cidade das TIC unha xornada para facer balance dos resultados do Campus en liña da igualdade laboral, habilitada pola Consellería de Emprego. O conselleiro José González explicou que o campus conta xa cunhas 8.000 persoas adheridas e ao seu abeiro impartíronse xa 95 accións formativas (65 cursos formativos e 30 obradoiros) entre o 2021, ano da súa posta en marcha, e 2024. Estas accións formativas completaranse con 26 máis programadas para este primeiro semestre e coas que no mes de xuño se prevé superar as 120 formacións desde o seu nacemento.
González estivo acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e pola directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana. Na cita tamén participaron docentes e persoas usuarias das accións formativas do Campus en liña aos que o titular de Emprego agradeceu o seu traballo a prol de contornas laborais máis inclusivas. Ademais, felicitou ao alumnado desta plataforma formativa ao que se lle entregaron os certificados de aproveitamento dos cursos superados no 2024.
20250319xuntacampusenlinaigualdadelaboral_23_.jpgEn relación coa participación neste espazo formativo, destacan as persoas traballadoras por conta allea que ocupan un posto técnico ou directivo nas súas empresas e a maioría das persoas usuarias pertencen, fundamentalmente, aos sectores de servizos profesionais, agroalimentario e industrial. Ademais, en canto ás 26 accións a impartir neste primeiro semestre, explicou que se abordan temáticas como o fomento da presenza de mulleres nas empresas técnicas, tecnolóxicas ou a obriga de adoptar medidas de igualdade en empresas de menos de 50 persoas traballadoras, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?