Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Impact Thon USC premia cinco innovadores proxectos tecnolóxicos do alumnado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Impact Thon USC premia cinco innovadores proxectos tecnolóxicos do alumnado

S. P.
Publicado: 20/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Na modalidade de desenvolvemento, o primeiro premio foi para o proxecto Medication Tracker
Na modalidade de desenvolvemento, o primeiro premio foi para o proxecto Medication Tracker
A primeira edición do Impact Thon USC, hackathon da Universidade de Santiago centrado en achegar respostas tecnolóxicas a grandes retos sociais, científicos e empresariais actuais, rematou con seis equipos premiados por cinco proxectos innovadores: EstudIa, Ouvia, Green Dots, Senda Verde e Medication Tracker. As cinco propostas tiveron o denominador común de ofrecer solucións tecnolóxicas con impacto social ou ambiental, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Na categoría de emprendemento, o primeiro premio foi para o proxecto EstudIa, unha aplicación móbil deseñada para mellorar a accesibilidade do alumnado aos contidos das súas materias, presentado por Lucía Pérez Moretti, Marta Martínez Paz, Raquel Lamas Fernández e Julián Neo Mariño.
O segundo gañouno a tamén aplicación móbil Ouvia, orientada tamén a facilitar a vida aos estudantes da Universidade de Santiago, un proxecto de Anxo Fernández Martínez, Nahia Castro Novas, Paula Carreira Torneiro e Iria Campos Seoane.
O equipo da app EstudIa, gañador na categoría de emprendemento, posa con membros do xurado
O equipo da app EstudIa, gañador na categoría de emprendemento, posa con membros do xurado
O terceiro premio recaeu no proxecto Senda Verde, enfocado no desenvolvemento sostibel e presentado por Raúl Seara Suárez e Alexia Canosa.
Na modalidade de desenvolvemento, o primeiro premio foi para o proxecto Medication Tracker, unha aplicación de seguimento da medicación que permite buscar medicamentos, rexistrar doses ou levar control do historial, presentado por Pablo Lobato Rey, Pablo Seijo García, David Carpintero Diaz, Sócrates Agudo Torrado, Miguel Leal Fernández e Javier Pereira Romero.
O segundo recaeu na aplicación Green DOTS para descubrir e avaliar negocios sostibles tendo en conta a súa contribución aos ODS, un proxecto do equipo integrado por Martín González Dios, Sabela Pérez Quintana, Asier Cabo Lodeiro e Asier Acuña Casal. O terceiro recaeu en Ouvia, acadando esta iniciativa dobre premio no certame.
O xurado estivo composto polo delegado do reitor para Transferencia do Coñecemento, Luis Otero; a profesora do Departamento de Economía Financeira Loreto Fernández; a profesora do grao de Enxeñería Informática Natalia Seoane; o profesor do Departamento de Electrónica e Computación da ETSE Jorge Alberto Suárez Garea; e a directora corporativa de Tecalis, Berta Caro.
O Impact Thon, que contou coa colaboración da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través das axudas ao desenvolvemento de actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural, enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, na que participa a USC a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?