Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aerocamaras e o Instituto Nebrija de Competencias Profesionales impulsarán o emprendemento na aeronavegación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aerocamaras e o Instituto Nebrija de Competencias Profesionales impulsarán o emprendemento na aeronavegación

S. P.
Publicado: 20/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aerocamaras2.jpgA compañía galega Aerocámaras, referente no sector da aeronáutica con sede en Lalín e no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole, vén de acadar un acordo co Instituto Nebrija de Competencias Profesionales para impulsar a formación e o emprendemento no sector da aeronavegación. Esta colaboración realízase a través da escola superior de drónica Campus UAS by Aerocámaras, que ofrecerá programas de formación permanente ao alumnado do Instituto Nebrija.
Trátase, máis polo miúdo, do Curso de Especialista en Operacións Loxísticas con Drons e do Curso de Especialista en Montaxe e Mantemento de Drons, ambos con formación de piloto con homologación europea incluída.
“Esta alianza ten como obxectivo principal capacitar tanto a empresas como a profesionais no ámbito da tecnoloxía de vehículos aéreos non tripulados, dotándoos das competencias necesarias para liderar proxectos innovadores, afrontando os retos do sector tecnolóxico e contribuíndo á expansión internacional da drónica”, sinalan desde Aerocámaras, engadindo que no marco desta colaboración, os profesionais terán acceso a unha oferta formativa diversificada, que combina especialización técnica e a integración tecnolóxica con competencias de xestión e liderado. Estes programas serán certificados cun título propio por parte do Instituto Nebrija.
aerocamaras1-2.jpgTal como informan desde Aerocámaras, “estes cursos non só buscan ampliar os coñecementos técnicos e tecnolóxicos dos participantes, senón tamén desenvolver habilidades estratéxicas e empresariais, potenciando a empregabilidade e favorecendo a creación de iniciativas innovadoras que contribúan ao crecemento do sector tecnolóxico”.
O director xeral de Aerocámaras, Francisco Álvarez, pon de relevo que “esta alianza reforza o noso compromiso coa formación de excelencia no sector da drónica. A integración de programas especializados en loxística e en montaxe e mantemento de drons permitirá aos profesionais e empresas contar coas competencias necesarias para aproveitar ao máximo o potencial destas tecnoloxías”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?