Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo) recibe este sábado 80 nenas dispostas a converterse en tecnólogas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo) recibe este sábado 80 nenas dispostas a converterse en tecnólogas

S. P.
Publicado: 21/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telecomunicacion_uvigo_previaoracle.jpg80 nenas de entre 4 e 16 anos chegadas de toda a provincia vivirán este sábado unha xornada especial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Son as 80 cativas e mozas que conseguiron praza para participar nalgún dos obradoiros de Oracle4Girls, unha iniciativa da empresa Oracle que xa pasou por distintos puntos do país e que agora chega a Vigo disposta a seguir aumentando o interese das rapazas polas denominadas disciplinas STEM (siglas de Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería e as Matemáticas).
“Para nós é moi importante achegar as tecnoloxías dunha forma divertida e amena ás xeracións máis novas e nesta liña vimos traballando no centro desde hai uns anos”, explica a directora da escola Rebeca P. Díaz, quen desde o primeiro intre agradeceu a oportunidade que lles brindou Oracle de poder colaborar cunha actividade “tan exitosa”. Avalados por unha longa experiencia na organización deste tipo de talleres para alumnado infantil e xuvenil, na ETT puxéronse mans á obra desde o primeiro día, para o que contarán coa colaboración do centro de investigación atlanTTic.
A resposta da cidadanía foi moi relevante e en poucos días cubríronse as prazas, sobre todo no grupo das idades máis temperás (4-6 anos e 7-9 anos), onde quedaron fóra moitas cativas interesadas en participar, polo que “se temos a oportunidade de participar en máis edicións intentaremos ampliar as prazas”, explicou a directora.
uvigo_telecomunicacion_proracle2.jpgOs obradoiros da franxa de idade máis alta (13 a 16 anos) serán impartidos por rapazas que están estudando na EET, que se formaron no centro para poder guiar as dúas actividades que farán o sábado.
Con esta iniciativa, posta en marcha en 2017, a empresa Oracle busca intentar mellorar a presenza de mulleres nas titulacións STEM para que a longo prazo supoña un reflexo de equidade nas profesión relacionadas coa tecnoloxía. “Desde o noso punto de vista facer que as nenas e as rapazas se interesen desde moi novas por estas tecnoloxías pode axudar a que poidan considerar como unha opción, chegado o momento de iniciar a súa formación universitaria, os estudos de enxeñaría en xeral, e os de Enxeñaría de Telecomunicación en particular”, remarca a directora da escola viguesa, quen agarda poder repetir esta experiencia axiña.
O programa inclúe, ademais, espazos de diálogo para os familiares co fin de involucrar a toda a familia no proceso educativo e de inspiración. Serán no salón de graos de 10.30 a 12.30 horas e inclúen dúas charlas, unha sobre onde está e para que se usa a información cando vai para a nube e, outra, sobre seguridade nos dispositivos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?