Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña será un laboratorio pioneiro grazas á alianza entre o Concello e NTT DATA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña será un laboratorio pioneiro grazas á alianza entre o Concello e NTT DATA

S. P.
Publicado: 21/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ntt_data_concello_de_coruna.jpgO Concello da Coruña e a firma tech NTT DATA están a “traballar nunha alianza estratéxica” para transformar a cidade nun espazo pioneiro de experimentación tecnolóxica. O obxectivo do proxecto conxunto entre a Administración coruñesa e a multinacional de orixe española (antes coñecida como Everis) é “impulsar a innovación en sectores clave como as telecomunicacións, os servizos de satélite e a Intelixencia Artificial, aproveitando tanto o talento local como as infraestruturas xa existentes”.
Este proxecto enmárcase na liña de acción estratéxica que o Goberno local desenvolve para conectar A Coruña co ecosistema tecnolóxico global. O obxectivo é “converter a cidade nun referente na implantación de solucións dixitais avanzadas, abrindo novas oportunidades de desenvolvemento económico e captación de talento especializado”, informaron fontes do Concello.
A alcaldesa Inés Rey, acompañada polo voceiro municipal e concelleiro de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage Tuñas, reuniuse hoxe en María Pita cos principais responsables de NTT DATA implicados no proxecto: Miyuki Ide, responsable de transformación de NTT DATA Europe & Latam; Alberto Borrego, director de NTT DATA en Galicia e Asturias; Pablo Manzano, director de Sector Público en Galicia e Asturias; e Eduardo Martínez, xerente de Sector Público. No encontro avaliáronse as primeiras liñas de actuación conxunta e as oportunidades de desenvolvemento que se abrirán para a cidade no ámbito tecnolóxico.
As tecnoloxías que se desenvolvan en A Coruña poderán ter unha proxección internacional, e “reforzarase así a posición da cidade no ámbito da transformación dixital, situándoa como un espazo de referencia para proxectos innovadores”, informou o equipo de Goberno local.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?