Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ achega media ducia de obradoiros TIC nesta recta final de marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ achega media ducia de obradoiros TIC nesta recta final de marzo

S. P.
Publicado: 24/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpeme_.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da rede de capacitación tecnolóxica empresarial e profesional SmartPeme+. As accións, en formato tanto presencial como telemático (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 24 e o xoves 27 de marzo e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como son a ciberseguridade, a mercadotecnia de crecemento, a creación de sitios web con WordPress, a rede social Instagram e o posicionamento web (SEO).
O luns 24 celebraranse dous obradoiros telemáticos. O primeiro deles, ás 11:00 horas organizado polo punto SmartPeme+ de Barro, versará sobre ciberseguridade e cifrado de dispositivos móbiles da man do asesor de Centro Provincial da Economía Dixital, Manuel Tornos. O obxectivo é achegar información sobre a importancia de protexer estes dispositivos dada a súa relevancia á hora de xestionar un negocio. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
Tamén o luns, telemático ás 17:00 horas, neste caso organizado pola oficina do Porriño, celebrarase o Obradoiro centrado en Growth Marketing ou Marketing de Crecemento, unha estratexia enfocada a un crecemento sostido no tempo en base ao estudo de datos e á metodoloxía de ensaio/erro, así como á posta do usuario no centro, buscando resultados a longo prazo. As inscricións pódense realizar no formulario subido á Rede e será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual con experiencia en comunicación dixital e mercadotecnia en liña.
O martes 25 realizarase o obradoiro telemático Crea unha páxina profesional con WordPress II, organizado polo punto SmartPeme+ de Lalín e con comezo ás 12.00 horas. Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, continuará esta formación que nesta sesión se centrará na creación de formularios, a integración de redes sociais e o emprego de deseñadores de maquetación visuais para mellorar o aspecto visual do sitio web. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado pola rede SmartPeme+.
O mércores 26 realizarase de xeito telemático ás 12:00 horas o obradoiro Instagram para principiantes II, organizado pola oficina de Pontevedra da man de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico con experiencia en fotografía de produto. Nesta sesión analizaranse os conceptos de xeración de contido visual como os reels, tendencias e ganchos, así como ideas e ferramentas para crear contidos. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O xoves 27 remata a programación da semana con dúas accións. A primeira delas será presencial, na oficina de Ponteareas ás 9:30 horas, baixo o título Como utilizar Instagram para promover a túa empresa. Será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas cun posgrado en Dirección de Comunicación Corporativa, e no obradoiro adestrarase á persoas participantes nesta ferramenta desde un enfoque profesional, dando a coñecer as súas funcionalidades e recomendando estratexias en función dos obxectivos. As inscricións poden realizarse desde o formulario da rede SmartPeme+.
A segunda das accións do xoves terá lugar a partir das 17:00 horas, organizado pola oficina de Vigo de forma telemática. Trátase do obradoiro Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console, no que os participantes aprenderán a empregar esta ferramenta para optimizar o seu sitio web para que sexa atopado correctamente polos motores de busca como Google e que poidan aparecer nos resultados das procuras dos usuarios. As inscricións pódense realizar a través do formulario subido e a acción formativa será impartida por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas cun posgrao en Comunicación Corporativa.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co medre empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 obradoiros formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?