Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas da UVigo e UDC forman en tecnoloxías 3D a profesorado de infantil e primaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas da UVigo e UDC forman en tecnoloxías 3D a profesorado de infantil e primaria

S. P.
Publicado: 24/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

polos_en_marcha2_uvigo_udc.jpgPersoal experto da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña está a capacitar no uso das tecnoloxías 3D a profesorado de infantil e primaria de centros educativos da nosa terra. Fano a través do proxecto Polos en Marcha, comunidade educativa colaboradora través da cal achégase ao profesorado e (e en última instancia ao alumnado) a tecnoloxía de impresión 3D e o interese polas disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).
Con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT, e baixo o liderado da profesora da Universidade da Coruña Elena Arce Fariña, levan meses formando ao profesorado destes ciclos educativos e deseñando con eles recursos didácticos adaptados e promovendo a participación activa do alumnado e das súas familias en todo o proceso. Colaboran no proxecto nove docentes, cinco da UDC e catro da UVigo -tres da Escola de Enxeñería Industrial e un do Centro Universitario da Defensa-.
enmarcha4.jpg “Temos mestres e mestras en formación en Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo”, explica a investigadora viguesa Xanel Veciño, ao tempo que salienta que entre as diferentes accións que levan a cabo se inclúen cursos sobre deseño, modelado e impresión 3D, con metodoloxías moi prácticas e participativas; obradoiros para o coñecemento dos materiais utilizados na impresión 3D, o seu impacto ambiental e as súas posibilidades de reciclaxe, e sesións participativas nos centros para co-crear materiais que respondan ás necesidades do alumnado, incluíndo estudantes con necesidades educativas especiais.
“Acostuman pedir recursos para a aula: un dado icosaedro, crebacabezas personalizados, selos, engrenaxes…”, recalca a investigadora da Escola de Enxeñaría Industrial. Entre as cousas que máis lle sorprenden aos docentes do ensino primario e infantil destacan tamén o uso de lapis 3D, así como poder ver e usar este tipo de impresoras”.
As formacións continuarán ao longo dos vindeiros meses, ata decembro de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?