Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira EmpregoInCampus porá en contacto o alumnado da UVigo con empresas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira EmpregoInCampus porá en contacto o alumnado da UVigo con empresas TIC

S. P.
Publicado: 25/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

empregoincampus_0.jpgCo obxectivo de facilitar os primeiros achegamentos do alumnado ao mundo laboral, a Universidade de Vigo volverá celebrar esta primavera as súas feiras EmpregoInCampus, un evento nado en 2022 que xunta baixo un mesmo teito tituladas/os e estudantes dos últimos cursos con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas. A cita no campus de Vigo será o 3 de abril, nas facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo e de Ciencias Económicas e Empresariais, e o 9 de abril en Ourense, no Pavillón Universitario de deportes. A data para esta cita no campus de Pontevedra está aínda por definir. Participarán empresas e entidades referentes das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) como a firma compostelá Balidea, a ourensá Redegal ou o Centro Tecnolóxico Gradiant. Tamén estarán puxantes empresas aeroespaciais como Alén Space ou Aertec Solutions.
Máis de 100 empresas rexistradas
A organización explica que “a finalidade destas tres feiras é brindar á comunidade universitaria a oportunidade de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais que ofrecen as máis de 100 entidades xa rexistradas procedentes de moi diversos sectores e contactar directamente cos seus responsables de selección”. Xunto coa visita aos postos, durante a feira desenvólvense varias actividades complementarias. Por unha banda, as persoas visitantes terán á súa disposición o Pasaporte de Empregabilidade, un espazo no que poderán recibir asesoramento sobre o seu CV e facerse unha foto de calidade para o seu CV ou redes sociais profesionais. Tamén se poderán entregar currículos ás empresas a través dun código QR que se xerará no momento de facer a inscrición.
A directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez, convida tanto a alumnado como a recentes titulados e tituladas a achegarse a estas feiras, e lembra que non é “unha actividade que implique a inversión da xornada enteira, basta con que se rexistren previamente na web, preparen o seu CV e se pasen a visitar aqueles postos que resulten do seu interese”. E engade: “Trátase dunha oportunidade única en todo o curso académico e non todas as universidades teñen o privilexio de poder organizar”. Conta coa colaboración do Consello Social, Eures e o Campus da Auga.
Antes da celebración das feiras, as persoas participantes poderán preparar a súa candidatura nun dos obradoiros organizados con este fin. Ademais, as persoas interesadas poderán asistir, de balde e unha vez realizada a inscrición, ás actividades organizadas desde o Foro Talento-Fundamental.
A primeira cita da xeira das feiras EmpregoInCampus deste 2025 será no Campus de Vigo o vindeiro 3 de abril, entre as 10.00 h e as 18.00 horas nas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo. O alumnado interesado, que pode inscribirse a través da ligazón habilitada, atoparase con empresas como ADECCO, Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Avícola de Galicia, Baltar Abogados, Banco de España, BDO Auditores, Codisoil, Decathlon, Deloitte, Forvis Mazars, Fundación Impulsarse, Garrigues, Grupo Profand, Occident Mediación ou Redegal, entre outros.
A seguinte semana, concretamente o día 9 de abril, EmpregoInCampus trasladarase ao campus de Ourense, con postos informativos e actividades no Pavillón Universitario de Deportes de 10.00 a 18.00 horas. Nesta cita, na que xa se poden inscribir, participarán empresas como Aceites Abril, Aertec Solutions, Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Alén Space, Arias Avogados, Atelier Social, Balidea, CEESG, Centro se Desenvolvemento Rural O Viso, Centro Penitenciario Pereiro se Aguiar, Codisoil, Coren, Gradiant, LexAuria, Ministerio de Defensa ou Uría Menéndez Abogados, entre outras compañías e entidades.
No que atinxe ao Campus de Pontevedra, Álvarez avanza que a idea é “repetir a modalidade que se fixo o ano pasado, con mesas redondas sobre saídas profesionais en ámbitos específicos”. A cita será a finais do mes de setembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?