Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CEI-Nodus de Lugo incorpora novos proxectos empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CEI-Nodus de Lugo incorpora novos proxectos empresariais

S. P.
Publicado: 25/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_cei_nodus_cristian_piedrahita_slaccode_1.jpgO Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI Nodus) vén de renovarse coa chegada de novos emprendedores e emprendedoras, completando así a ocupación total dos espazos dispoñibles neste viveiro de empresas municipal. O alcalde, Miguel Fernández, deulles a benvida: “Estamos encantados de incorporar a estes cinco novos proxectos, que aportan innovación, dinamismo e servizos moi diversificados”.
Engadiu que “o O CEI-Nodus é un exemplo de apoio efectivo ás empresas emerxentes, e a ocupación total dos seus espazos demostra a confianza que os emprendedores depositan no noso modelo de xestión e apoio”.
Os novos proxectos que se incorporan ao CEI Nodus abranguen sectores moi diversos pero teñen en común o espírito innovador, sendo un par deles de vertente tecnolóxica:
-Ruxe Branding (Despacho nº5), de Jesús Arias, axencia especializada en branding, mercadotecnia dixital e deseño de marca.
-Slaccode (Despacho nº12), de Cristian Piedrahita, consultoría estratéxica enfocada en solucións tecnolóxicas innovadoras.
“A incorporación de novos proxectos como estes significa que seguimos sendo un lugar de referencia para quen quere poñer en marcha o seu negocio cun apoio sólido detrás. Desde o Concello queremos seguir impulsando iniciativas que xeren emprego, innovación e novas oportunidades para a veciñanza”, destacou Fernández.
O CEI‐Nodus, en funcionamento desde novembro de 2004, conta con 23 espazos para o desenvolvemento de empresas de nova creación, ademais de talleres, laboratorios e un espazo traballo colaborativo (coworking). Nos últimos cinco anos, acolleu a 137 empresas e asesorou a máis de 250 emprendedores.
Neste senso, o alcalde apuntou que “a elevada demanda deste viveiro de empresas demostra tamén a súa utilidade como plataforma de lanzamento para novos negocios; non en van, baixo o seu paraugas, xa se desenvolveron máis dun centenar de empresas na cidade, elevándose a porcentaxe de supervivencia das mesmas por riba dun 75%”.
A cesión dos locais será por unha vixencia temporal de doce meses, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de trinta e seis meses (3 anos), para favorecer a renovación das empresas e o apoio ao maior número de proxectos posible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?