Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant ultima a transformación da xestión financeira da firma Toqio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant ultima a transformación da xestión financeira da firma Toqio

S. P.
Publicado: 26/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gradiant_toqio-202503.jpgA sede da empresa Toqio en Madrid acolleu a semana pasada unha xornada de traballo decisiva para o avance da iniciativa que desenvolve xunto o Centro Tecnolóxico Gradiant, enmarcado na convocatoria de Proxectos en Colaboración Público-Privada (CPP) de 2021 da Axencia Estatal de Investigación (AEI). Coa finalización prevista en dous meses, o encontro serviu para revisar os avances, avaliar os obxectivos alcanzados e establecer prioridades para a recta final.
A alianza ten como meta “transformar a xestión financeira de Toqio mediante unha arquitectura avanzada de datos, optimizando a calidade, rastrexabilidade e gobernanza da información”. Isto, segundo explica o centro tecnolóxico galego, permitirá á empresa fintech mellorar a súa toma de decisións e aumentar a súa competitividade no sector.
Durante a sesión, analizouse o progreso da integración de tecnoloxías do dato avanzadas, que é un proceso “clave” para garantir a fiabilidade e eficiencia dos procesos financeiros de Toqio. Ademais, consolidouse a arquitectura final do data lake e avaliáronse os resultados obtidos cos modelos de credit scoring, que son, segundo lembra Gradiant, “aspectos fundamentais para a estratexia futura da compañía”.
A xornada contou cun equipo multidisciplinar de ambas as organizacións. O traballo colaborativo permitiu identificar retos pendentes, definir estratexias e planificar os próximos pasos ata a finalización desta alianza Toqio. Establecéronse datas clave para culminar a integración tecnolóxica e garantir unha transición eficaz cara á nova infraestrutura de data lake.
Grazas á colaboración con Gradiant, Toqio está a implementar solucións avanzadas en calidade de datos, observabilidade e aprendizaxe máquina (machine learning) para a detección de fraude, credit scoring e retención de clientes.
Segundo os responsables técnicos da iniciativa Toqio, “esta colaboración está a permitirnos resolver desafíos clave na xestión de datos no sector fintech, dotando a Toqio dunha infraestrutura moderna e eficiente”.
Coa fase final en marcha, nas vindeiras semanas consolidaranse os avances que integrarán a nova arquitectura de datos na operativa normal da empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?