Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O UVigo SpaceLab busca alumnado que queira participar nunha misión espacial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O UVigo SpaceLab busca alumnado que queira participar nunha misión espacial

S. P.
Publicado: 26/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_spacelab_flatsat_10_de_20_.jpgO laboratorio UVigo SpaceLab busca estudantes para participar nunha misión especial, e non esixe ter experiencia ou coñecementos previos sobre a materia, “só ganas de aprender”, segundo indica Ester Álvarez, responsable do departamento de mercadotecnia e organización deste equipo de proxectos aeroespaciais da Universidade de Vigo.
“Ata o 30 de abril buscamos estudantes dos ámbitos da enxeñaría, científico e incluso económico, dos campus de Vigo e Ourense, que estean desexando involucrarse nun proxecto de alta retribución académica e profesional”, detalla Ester Álvarez, que apunta que os perfís máis demandados para acometer este reforzo do equipo son os do alumnado procedente dos graos de enxeñaría de Telecomunicación, Minas e Enerxía, Industriais, Mecánica, Electrónica, Biomédica, así como Bioloxía ou Química, Economía, ADE, Dereito, Filoloxía e Tradución e Interpretación. “Tamén é benvido o alumnado de dobres graos, mestrado ou doutoramento”, explica.
As e os estudantes que se incorporen neste proceso de ampliación sumarase aos e ás 41 actuais integrantes do equipo, redistribuíndose entre os nove departamentos que integran UVigo SpaceLab momento: Comunicacións, encargado da coordinación da estación terrea e o deseño e validación dos algoritmos e sistemas de comunicacións; Software de Alto Nivel, centrado na aplicación de todo o software que executará o satélite e lle permitirá operar de forma autónoma; Organización e Marketing, que se ocupa da organización interna do equipo, xestión de patrocinadores e o labor de divulgación do proxecto; Enxeñaría de Sistemas, encargado de realizar todas as tarefas de deseño e análise de misión e a integración do satélite; Estruturas e Control Térmico, centrado no deseño estrutural e os sistemas de control térmico; Electrónica, responsable do almacenamento, control e distribución da potencia do satélite e de definir as interfaces eléctricas e de datos entre a payload e o resto da plataforma; e ADCS, encargado do deseño do sistema de determinación e control de actitude do CubeSat.
uvigo_space_lab_2.jpgA estes departamentos engádense dous novos recentemente incorporados: Microfluídica, encargado do desenvolvemento dos sistemas que activarán a bacteria en órbita dentro do satélite e Embebidos, que se ocupa de programar o hardware electrónico para control da payload e o satélite, sinala Ester Álvarez.
Desde que botou a andar hai algo máis de catro anos, decenas de alumnos e alumnas da UVigo participaron no desenvolvemento da misión BIXO, un CubeSat de dúas unidades que levará a bordo unha carga biolóxica para estudar como a microgravidade e a radiación afectan aos procesos de comunicación bacteariana.
BIXO será lanzado pola Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento (CSAC) a bordo dun foguete Longa Marcha ou Smart Dragon Series, logo que UVigo SpaceLab gañase o primeiro posto no Space Universities CubeSat Challenge (SUCC), organizado conxuntamente coa Federación Internacional de Astronáutica (IAF). “Así mesmo, todo este desenvolvemento non podería darse de non ser polos nosos patrocinadores, como DHV Technology, Alén Space e UARX Space, que non só nos brindan o seu apoio, senón que tamén nos provén de algúns dos subsistemas que nos permitirán levar a cabo a reactivación da bacteria en órbita”, agradece Ester Álvarez.
Ademais de traballar no desenvolvemento da misión os e as integrantes do equipo participan en seminarios e congresos, como o Small Satellites & Services International Forum 2025, celebrado recentemente en Málaga, onde presentaron varias publicacións científicas de impacto, como as simulacións estruturais da configuración do satélite, o deseño dunha antena de banda S para enviar a información á estación terrea e o deseño un sistema microfluídico para estudar o crecemento de bacterias en órbita.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?