Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abel Losada alerta das estafas con criptomoedas, que en 2024 superaron os 3,2 millóns na provincia de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abel Losada alerta das estafas con criptomoedas, que en 2024 superaron os 3,2 millóns na provincia de Pontevedra

S. P.
Publicado: 26/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

abel_losada_subdelegado_pontevedra_goberno.jpgO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, lanzou este mércores 26 de marzo unha mensaxe de alerta aos cidadáns para que teñen presentes os riscos de investir en criptomoedas. Para facernos unha idea da magnitude do problema, reflectiu as cifras das comisarías da Policía Nacional e da Comandancia da Garda Civil da provincia, que “demostran que as ciberestafas con esta modalidade alcanzaron os 3.235.679 euros ao longo do ano pasado”. Deste xeito, un total de 117 persoas foron enganadas polos delincuentes e perderon o seu diñeiro.
Losada tamén advirtiu de que os datos provisionais do que vai de ano amosan que o impacto desta delincuencia especializada “non deixa de medrar”, polo que considera necesario alertar á poboación dos riscos de confiar en asesores, axencias ou falsos brokers en liña sen o debido asesoramento e sen ningunha garantía. “Están a chegar moitas denuncias de persoas que, unha vez que perden o seu diñeiro, ven como se lles reclaman pagos adicionais para recuperar o seu investimento e volven ser estafadas”, sinalou, engadindo que “estamos ante un fenómeno extremadamente preocupante porque afecta a persoas do rural e do urbano, a xente con capacidades económicas moi distintas e mesmo as persoas de todos os niveis de formación académica ou profesional”.
Sinalou tamén que a estafa de menor importe na provincia foi de 248 euros e produciuse na cidade de Pontevedra e a máis elevada alcanzou os 356.000 euros e foi recollida pola Garda Civil. No entanto tamén hai cinco denuncias na provincia por importe superior aos 100.000 euros.
A Garda Civil recolleu un total de 59 denuncias e rexistrou a perda dun total de 1.647.186 euros na provincia. Na Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra rexistráronse 30 denuncias e un volume de 573.452 euros estafados. Na Comisaría de Vigo-Redondela, un total de 853.941 euros e 20 denuncias. Na Comisaría de Vilagarcía presentáronse 7 denuncias por un importe de 148.000 euros. Finalmente, na Comisaría de Marín rexistrouse unha denuncia por valor de 13.100 euros.
Explicou que o modus operandi é unha captación inicial na que os estafadores contactan coas vítimas a través das redes sociais, correos electrónicos, anuncios publicitarios ou chamadas telefónicas nas que se presentan como brokers, asesores financeiros ou representantes de plataformas lexítimas. “Empregan identidades falsas e prometen sempre alta rendibilidade con baixo risco”, advirtiu Abel Losada, quen subliñou que “en moitas ocasións as persoas estafadas son convencidas de que non poden deixar escapar unha ocasión única”.
Os ciberdelincuentes adoitan pedir un primeiro investimento de contía modesta e solicitan os datos persoais do investidor, simulando procesos lexítimos. A seguir informan de ganancias ficticias para xerar confianza. As vítimas ao ver o seu investimento medrar séntense motivadas e entregan máis diñeiro. “Cando a vítima pretende recuperar o seu diñeiro comezan as escusas, bloquéanse os fondos alegando problemas técnicos ou mesmo solicitando pagos adicionais en concepto de comisións ou impostos, pagos adicionais que, en moitas ocasións”, sinalou, comentando que os estafadores logo destas prácticas cortan o contacto e desaparecen sen deixar rastro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?