Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de 70 centros educativos galego-portugueses participan no 30 aniversario de Ponte nas Ondas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de 70 centros educativos galego-portugueses participan no 30 aniversario de Ponte nas Ondas

S. P.
Publicado: 27/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Fotos da celebración de Ponte nas Ondas de Cristina Rocha
Fotos da celebración de Ponte nas Ondas de Cristina Rocha
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! (PNO!), centrada en consolidar e amplificar as pontes culturais que unen as mocidades de Galicia e Portugal (botando man de canles innovadoras como o formato podcast) celebrou o seu 30 aniversario desde diferentes puntos de ámbalas beiras da raia. A asociación, que é ONG consultora de patrimonio inmaterial para a UNESCO, reuniu a case 70 centros educativos galegos e portugueses nesta gran festa, que tivo nove puntos de emisión en directo e na que participou alumnado de todas as etapas formativas: infantil, primaria, secundaria, bacharelato e universitaria.
30aniversariopno_cristinarocha-2_54412181173_o.jpgValença do Minho (Alfândega) e Lisboa (Instituto Ginés de los Ríos), en Portugal, e en Galicia: Allariz (Radio Allariz), a Costa da Morte (Vimianzo, Auditorio Municipal), Lugo (Auditorio Fuxan os Ventos), Ourense (Auditorio Marie Curie da Facultade de Educación), Pontevedra (Pazo da Cultura), Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Comunicación), Vigo (Auditorio do Ed. Miralles). Son os nove puntos desde o que se emitiu unha programación especial de catro horas en directo. Foi unha retransmisión “radiovisual”, en palabras dos responsables de PNO, que puido seguirse este mércores 26 de marzo en directo desde a web da asociación e o portal Escolas nas Ondas.
30aniversariopno_cristinarocha-4_54412122054_o.jpgA de Esther Vázquez, unha rapaza á que hai trinta anos en 1995 lle tocou cun “Bon día Condado!” ser a primeira en falar diante dos micrófonos de PNO!, é unha das mensaxes especiais que chegou para este día de aniversario. Ela segue involucrada no mundo da comunicación, ao igual que Raquel Atanes, presentadora de magazines na TVG que lembra con afecto o importante que foi para ela esa primeira experiencia diante dos micrófonos. O mesmo que para Xosé Manuel Diego, outro xornalista que este mércores abría a emisión desde Santiago de Compostela, e que sendo neno participou activamente nas actividades de PNO! no seu Gondomar natal e que hoxe segue involucrado coa asociación.
30aniversariopno_cristinarocha-6_54412181138_o.jpg“O noso futuro vai da man do noso pasado”, sostivo o alumnado do IES de Ordes na emisión en directo desde Santiago de Compostela, engadindo que “hai que conservar a nosa tradición, pero o máis importante é que siga viva, sen perder a súa esencia e a súa conexión coa tradición, e para iso hai que adaptala ao presente”.
30aniversariopno_cristinarocha-12_54411935706_o.jpgPolo que se refire á vertente musical da celebración, contouse cun convidado moi especial: o recentemente inaugurado Auditorio Fuxan os Ventos recibiu a Antón Castro, unha das voces e tamén instrumentista do grupo que lle dá nome ao Auditorio. Acompañado da súa zanfona, Antón deu unha lección maxistral sobre os cantares de cegos e cegas que, malia non ver, “eran quen de contar historias e mesmo ir contra o que estaba establecido”. Ao tempo, no evento de Pontevedra, o alumnado da Facultade de Comunicación, conducía un bloque dedicado á música emerxente e os novos talentos musicais galegos.
30aniversariopno_cristinarocha-9_54411063512_o.jpgEn toda a programación houbo unha ampla e diversa participación de portadores do patrimonio cultural inmaterial: redeiras, oleiros, contadores, regueifeiros etc, que foron entrevistados e realizaron en directo demostración dos seus saberes. Así por exemplo, alumnado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso organizou unha Viaxe no tempo polos oficios tradicionais, contando para esta aventura representada enriba do escenario do Auditorio Municipal de Vimianzo cun grupo de artesáns da zona, aprendendo por exemplo en que consiste a cestería.
30aniversariopno_cristinarocha-10_54411063522_o.jpg No mesmo escenario foi posible ver ao alumando do CEIP Labarta Pose de Zas conversando con Carmen Riveiro, do Museo do Liño, quen fixo demostración en directo dos traballos tradicionais asociados.
Tamén se contou coa presenza de Constante González, entrevistado polo alumnado en Vigo. Constante, artesán da madeira da parroquia de Cabreira, en Salvaterra de Miño, dedicouse durante a súa vida laboral á carpintería de portas e xanelas, pero desde xubilado, explicou e mostroulle ao alumnado as pezas artísticas de incrible beleza que elabora entre outras con madeira de freixo, nogueira ou acacia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?