Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a 3º edición de SEDEXPO, con case 400 firmas expositoras e a participación de Gradiant e AMTEGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a 3º edición de SEDEXPO, con case 400 firmas expositoras e a participación de Gradiant e AMTEGA

S. P.
Publicado: 27/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

sedexpo_inauguracion.jpgEste mércores 26 de marzo inaugurouse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca da Fundación Semana Verde, a terceira edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (SEDEXPO). Será, ata este venres, un escaparate directo ao máis avanzado en equipamento e sistemas de seguridade, en material para as forzas e corpos de seguridade e servizos de emerxencias, así como en tecnoloxías relacionadas coa ciberseguridade, a robótica ou a aeronáutica.
Nun espazo de máis de 4.400 metros cadrados amosarán as súas novidades 387 empresas expositoras de 38 países representadas por case un cento de expositores directos de España, Portugal, Alemaña, Francia, Países Baixos, Paquistán, República Checa e México.
A edición deste ano experimentou un aumento respecto á edición anterior dun 19% no número de expositores, do 71% no de firmas e do 11% nos metros cadrados netos de superficie.
O programa inclúe medio cento de conferencias no marco dunha trintena de xornadas con máis dun cento de relatores que abordarán temáticas como os fenómenos meteorolóxicos adversos e as inundacións ou a DINA de Valencia. Haberá tamén numerosas demostracións como o simulacro de rescate levado a cabo por efectivos da Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA) e Gardacostas de Galicia ao que asistiron hoxe os conselleiros.
Un dos puntos fortes desta feira é atención que pon na innovación aeroespacial e aeronáutica e nos vehículos non tripulados (UAV). demais de contar na súa área expositiva con empresas líderes no sector dos drons, firmas como Ritrac Internacional organizaron unha xornada interesante como Drons e unidades K9: innovación e colaboración na seguridade cidadá.
A segunda xornada da feira (a deste mércores 26) inclúe simulacros e demostracións así como conferencias e xornadas técnicas de gran nivel. Tamén un simposio, Incendios Forestais Extremos, organizado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que analizará aspectos como as situacións sinópticas comúns nos incendios forestais, o lume na xestión da paisaxe, a importancia da formación e das prácticas operativas ou os factores que orixinan o comportamento extremo dos incendios forestais.
Gradiant pon en valor a rede RETECHciber
O Centro Tecnolóxico Gradiant tamén está presente na SEDEXPO 2025. Ao abeiro do seu compromiso coa innovación en ciberseguridade, Gradiant participa xunto á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) para poñer en valor a Rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en ciberseguridade de Galicia (#RETECHciber), enmarcada no programa RETECH e financiada polos Fondos Next Generation-EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e que conta co apoio do INCIBE.
Presentarán os detalles do proxecto da Rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade de Galicia, no que tamén colaboran a Universidade de Vigo e o ITG – Centro Tecnolóxico Nacional. Este proxecto é parte da iniciativa RETECH, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, co financiamento dos Fondos Next Generation-EU.
gradiant_20250326-sedexpoweb.jpgJuan González, director de Seguridade e Privacidade de Gradiant, e Borja Pinto, responsable técnico de Ciberseguridade Industrial en Gradiant, presentarán os detalles do dito programa os días 26 e 27 de marzo na propia caseta #RETECH.
Gradiant ofrece dúas charlas técnicas dirixidas a profesionais do sector:
Ciberseguridade en redes e servizos 5G. Mércores 26 e xoves 27 ás 13:00h. Esta sesión abordará os desafíos de seguridade nas redes de nova xeración e as solucións que Gradiant está a desenvolver para garantir a resiliencia destas infraestruturas.
Ciberseguridade en redes de control industrial. Mércores 26 e xoves 27 ás 16:15h. Analizaranse os principais vectores de ataque en contornas industriais e as estratexias para protexer estes sistemas críticos contra ameazas emerxentes.
O equipo de Gradiant dará a coñecer, xunto ás outras dúas entidades que acoden presencialmente ao evento, os obxectivos perseguidos no proxecto da rede de laboratorios e, na súa área expositiva, presentarán as súas principais iniciativas e solucións en materia de ciberseguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?