Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Zeltia Lado presenta no Microsoft AI Tour o software EMi da Consellería de Emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Zeltia Lado presenta no Microsoft AI Tour o software EMi da Consellería de Emprego

S. P.
Publicado: 27/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250327dxfcemicrosoftemi_1_.jpgA directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, presentou este 27 de marzo en Madrid a ferramenta de Intelixencia Artificial EMi no marco da xornada Microsoft AI Tour na que se dá conta de solucións innovadoras que se apoian na Intelixencia Artificial e na que se xuntan profesionais de tecnoloxía e especialistas de ciberseguridade, entre outros, para intercambiar experiencias sobre a transformación dixital en distintas entidades.
O Goberno galego foi convidado pola organización a participar nesta cita para expoñer como exemplo de transformación dixital o proceso de modernización que está levando a cabo no Servizo Público de Emprego de Galicia, coa finalidade de que “sexa un gran nodo de empregabilidade”, sinalou Zeltia Lado, engadindo que o software EMi está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia, sendo unha ferramenta “pioneira en España e en Europa e premiada pola Comisión Europea”.
Segundo explicou a directora xeral, EMi apóiase na IA para casar oferta e demanda no mercado laboral e permite axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público, dando resposta así ao reto da cobertura de vacantes. Entre as súas vantaxes, Lado salientou que “tamén relaciona todas as características e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións”.
Engadiu ademais que este software permitiu realizar o perfilado competencial a arredor de de 48.000 persoas desde setembro de 2024 e que este ano a Xunta destina 1 M€ a potencialo con novas accións como unha APP. Esta aplicación permitirá á cidadanía realizar autoperfilados para beneficiarse das recomendacións na busca de emprego e enfocada especialmente á xente nova.
Colaboración con Microsoft
En liña coa modernización do SPEG e dentro “da aposta da Xunta por achegar ao público novo ás oficinas de emprego”, o Goberno galego asinou con Microsoft un protocolo de colaboración para formar en IA nun ano a ata 45.000 mozas e mozos menores de 35 anos, co obxectivo de mellorar as súas oportunidades profesionais. Esta actuación está dirixida tanto á mocidade desempregada como a aquelas mozas e mozos que queiran mellorar as súas oportunidades laborais a través do SEPG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?