Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo incuba 14 novos proxectos empresariais innovadores do alumnado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo incuba 14 novos proxectos empresariais innovadores do alumnado

S. P.
Publicado: 28/03/2025
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

incuvi_proxectos_uvigo.jpgEste xoves 27 de marzo alumnos e alumnas dos tres campus da UVigo recibiron no Edificio Redeiras os premios e axudas da convocatoria INCUVI nas súas tres modalidades: Emprende para os proxectos en fase inicial, Avanza para os que se atopan nun nivel máis avanzado de maduración e Consolida para os que xa están en disposición de saír ao mercado. En total, 14 ideas de negocio innovadoras que tocan todos os sectores, dende finanzas ata educación, enerxía, alimentación, distribución, deporte ou, como non podía ser doutro xeito, novas tecnoloxías.
O obxectivo da Universidade de Vigo con este programa é “fomentar a innovación, a competitividade e o emprendemento entre o alumnado e as persoas recentemente tituladas, apoiando as súas ideas de negocio para que agromen como empresas viables e fornezan o tecido económico galego, xerando emprego e riqueza”.
O reitor, Manuel Reigosa, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, felicitaron a todos os mozos e mozas pola valentía de emprender e levar á práctica as súas ideas emprendedoras. Reigosa puxo en valor a aposta da UVigo polo emprendemento e polo traballo en rede. “Queremos ser unha institución que teza xunto coa sociedade civil e as institucións, porque o futuro de España e de Vigo depende de que sexamos quen de traballar xuntos empresas, institucións e academia para poñer todo o talento e o esforzo que hai nas nosas aulas e nos nosos laboratorios á disposición da sociedade”.
incuvi_proxectos_uvigo_4.jpgA vicepresidenta da Deputación, pola súa banda, recalcou a necesidade de “apostar pola innovación, a produtividade e o emprendemento” con propostas “que inspiran”, como é o caso de INCUVI, de onde saíron xa arredor de 200 proxectos, “algúns deles xa consolidados como industria”. Neste sentido, Sánchez puxo o foco na importancia de que as institucións apoien as iniciativas que agroman, achegando “ese primeiro pulmón financeiro para que os grandes proxectos saian adiante”.
Tamén a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, tivo palabras para os novos premiados, aos que lles recoñeceu a valentía. Caparrini lembrou que esta iniciativa de fomento do emprendemento conta co patrocinio de entidades como a Deputación de Pontevedra, Abanca, BBVA, Santander, CTAG, Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Outras moitas empresas e entidades da contorna están implicadas como entidades colaboradoras achegando asesoramento e formación aos proxectos.
A modalidade Emprende consiste na formación e titorización do equipo emprendedor durante un período de preincubación dun máximo de 6 meses. Nesta edición, a décimo terceira, seleccionáronse nove propostas, catro do campus de Vigo, dúas de Pontevedra e tres de Ourense de ámbitos moi diversos.
Por unha banda, Iago de Francisco, estudante de Administración e Dirección de Empresas en Vigo, impulsa Defrends, unha plataforma web de finanzas personalizadas apoiada por el uso da Intelixencia Artificial.
Pola súa banda, Iago Fontoira, de Belas Artes, é o creador de Fontoira Studio Laboratorio de Creación, un servizo educativo baseado na experimentación artística con clases de arte para un público amplo, nun espazo dinámico e aberto a diversas técnicas e disciplinas.
incuvi_proxectos_uvigo_5.jpgApep Energys é a proposta de Isaías Gil, estudante do PCEO ADE e Enxeñaría Informática, unha comercializadora de subministro eléctrico fiable, renovable e competitiva en custes, combinando enerxía solar local con electricidade comprada ao por maior.
Outro dos proxectos seleccionados é o de David González, estudante de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, que lanza TheColdPack, firma de fabricación e comercialización de paquetes de frío químico orientados á mellora do rendemento deportivo mediante a diminución da temperatura corporal.
Xistra é a proposta dun grupo de estudantes de Enxeñaría Aeroespacial, unha infraestrutura que permita operar de maneira autónoma con drons orientados inicialmente ao transporte de mercancía lixeira a zonas pouco accesibles. Está impulsada por Óscar Hermida, Pablo Magariños, Adrián Ferreira e Alejandro Sanz.
Option Lab é o Proxecto de Alejandro Pérez, estudante de ADE no Campus de Vigo, que aposta por un club de investimento que funcionaria como un laboratorio de técnicas operativas de investimento.
Pola súa banda, Antón Puga, estudante do programa de doutoramento de Enxeñaría Química, foi seleccionado polo seu proxecto TerraMar, que se basea na fabricación de substrato sintetizado a partir de residuos acuático.
Dous estudantes do programa de doutoramento en Xestión e resolución de conflitos, menores, familia e xustiza terapéutica impulsan Sen Cancelas, unha proxecto que busca ofrecer formacións especializadas nos ámbitos sociosanitario, socioeducativo e de ocio e tempo de lecer, cunha importante presenza da Axenda 2030.
Finalmente, o xurado seleccionou tamén PADD, unha iniciativa de Pablo Santos, estudante de ADE en Vigo, que propón un servizo de comida nutritiva e accesible para todos, deseñada para promover un estilo de vida saudable.
A modalidade Avanza, na súa novena edición, está pensada para os proxectos que se atopan nun nivel máis avanzado de maduración e ofrece tanto formación e mentoring como unha achega económica de 1000 euros para facer fronte a custos de prototipado ou demostración do produto ou servizo. Nesta categoría seleccionáronse catro propostas, unha do Campus de Vigo e tres do de Ourense.
Por unha banda, Juan Mateo Núñez, estudante de Economía, impulsa NET, un portal de emprego enfocado ao mundo do tenis, o pickleball e o pádel. Supón un punto de encontro para adestradores que estean buscando emprego e xogadores profesionais que estean buscando club.
Outra das iniciativas seleccionadas é Tola Natural Energy Drinks, un proxecto impulsado por dúas estudantes de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ana Pérez e Paula Barciela, que propoñen a comercialización dunha bebida enerxética natural e galega que fusiona funcionalidade, innovación e sustentabilidade.
O terceiro proxecto é Krealt, proposta dun grupo de estudantes de Enxeñaría Informática (Luca Riego, Paulo Sánchez e Pablo Dorrío) que aposta pola aplicación e dixitalización de tecnoloxías 3D e Realidade Virtual aplicada para a mellora da experiencia do usuario en procesos de compra en liña.
Tamén entra nesta modalidade CertyChain, iniciativa xurdida na Escola de Enxeñaría Informática do campus de Ourense e impulsada por Sara Chao, Alejandro Rial, Diego Stephan Jeandon e Manuel Mateo Delgado-Gambino, Trátase dunha aplicación web para sinatura dixital de documentos, apoiada en tecnoloxía de cadea de bloques (Blockchain). Proporcionan un proceso de sinatura que se enfoca en protexer o contido do documento, ademais dos usuarios asinantes, para evitar alteracións en documentos e falsificacións de firma ou identidade.
Respecto da modalidade Consolida, para iniciativas que desexen continuar coa maduración e desenvolvemento do proxecto emprendedor, o proxecto seleccionado é Tecnificat, impulsado por Juan Jose Rodríguez, graduado de ADE. Trátase dunha academia de formación e perfeccionamento de fútbol e transmisión de valores para mozos e mozas empregando a metodoloxía Coerver Coaching de Adidas. Tecnificat recibirá asesoramento e mentoring e unha achega económica máxima de 1000 € para facer fronte a custos derivados da consolidación do proxecto emprendedor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?