Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula Cemit de Poio expón o seu programa formativo de abril e abre o prazo de inscrición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula Cemit de Poio expón o seu programa formativo de abril e abre o prazo de inscrición

S. P.
Publicado: 28/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ordenadores-da-aula-cemit-de-combarro_4_638x359.jpgDende a Aula Cemit do Concello de Poio expoñen o seu programa formativo para o mes de abril, trátase de sete cursos novos de habilidades dixitais, van desde a edición de textos, follas de cálculo, redes sociais, manexo do móbil intelixente, presentacións en liña, enderezo electrónico e edición de imaxes. Cómpre sinalar que todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web da Aula Cemit, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia aula situada en Combarro.
Asemade, calquera persoa usuaria que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres, entre as 19.30 e as 21 horas. As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.
Segundo a concelleira de Mocidade e Novas Tecnoloxías, Tamara González, a Aula Cemit de Poio achega durante todo o ano horas de formación gratuíta e acceso libre ao equipamento e conexión a internet, “para fomentar a igualdade de oportunidades na sociedade dixital e a conformación dunha cidadanía capacitada para empregar servizos dixitais cada vez máis avanzados”.
Indo aos cursos, dicir que o curso Procesador de Textos Libreoffice writer, nivel medio, impartirase a vindeira semana (do 31 de marzo ao 4 de abril), entre o luns e o venres, de 16.30 a 18 horas. O alumnado aprendera a aplicar formatos avanzados, modificar as propiedades do documento, traballar en táboas e elementos gráficos e coñecer en máis profundidade as ferramentas que se empregan con máis frecuencia.
Entre o luns 31 de marzo e o mércores 2 de abril, realizarase o curso Edición de Imaxes con Gimp, ás 18 horas, no que os participantes aprenderán a usar as ferramentas básicas de deseño e edición de imaxes para crear as súas propias composicións.
Do luns 7 ao mércores 16 de abril impartirase o curso Manexo das Follas de Cálculo con LibreOffice Calc, de 16.30 a 18 horas. As follas de cálculo son, xunto co procesador de texto, unha das aplicacións máis empregadas, xa que se poden crear documentos que realizan cálculos de xeito automático e permiten a súa impresión, polo que son moi útiles na contabilidade, facturación e almacén, sendo unha ferramenta indispensable para o traballo de oficina.
O curso Manexo das redes sociais organizarase na semana do 7 de abril, en horario de 18 a 19.30 horas, e explicaranse as posibilidades que achegan as diferentes aplicacións para relacionarse e compartir experiencias.
Do luns 14 ao mércores 16 de abril celebrarase o curso Iniciación ao Correo Electrónico Web, unha ferramenta para comunicarse e enviar arquivos e información de todo tipo. Será de 18 a 19.30 horas.
En canto ao curso Manexo do móbil intelixente e da tableta, impartirase entre o luns 28 e o mércores 30 de abril, tamén en horario de tarde, entre as 16.30 e as 18 horas. Explicarase o seu manexo, como chamar, acceder a internet, sacar fotos e compartilas con outras persoas, etc.
Os mesmos días, pero de 18 a 19.30 horas, organizarase o curso Presentacións online, no que se ensinará o manexo de diferentes aplicacións en liña para crear presentacións sinxelas, dinámicas e interactivas coas que captar a atención do público e amosar os puntos principais da nosa exposición.
Alén destes cursos, tamén se reserva unha sesión para realizar a proba de aproveitamento dos cursos online EMA, que será o venres 11 de abril, de 18 a 20 horas e que permitirá obter o diploma dos cursos realizados na plataforma de teleformación da Aula Cemit.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?