Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña celebra este luns a Feira de Ideas do programa local de innovación Inicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña celebra este luns a Feira de Ideas do programa local de innovación Inicia

S. P.
Publicado: 31/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inicia_ideas_coruna.jpgO Concello da Coruña celebra este luns, 31 de marzo, unha nova edición da Feira de Ideas do programa Inicia, unha iniciativa municipal impulsada polo Goberno local para fomentar o espírito emprendedor e a innovación entre o alumnado de Formación Profesional e Ensinos Especiais da cidade e a súa contorna.
A actividade desenvolverase ao longo da xornada no Fórum Metropolitano. En horario de mañá, entre as 10:00 e as 14:30 horas, o alumnado dos 15 proxectos finalistas presentará as súas propostas emprendedoras nunha mostra aberta ao público. A exposición incluirá maquetas, materiais gráficos e outros recursos para dar a coñecer as súas ideas de negocio. O comité avaliador terá en conta esta fase para completar a puntuación dos proxectos.
Ás 11:30 horas está prevista unha visita institucional ao espazo expositivo, encabezada por Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña.
Xa pola tarde, entre as 16:00 e as 18:30 horas, o Auditorio do Fórum acollerá unha xornada de experiencias emprendedoras con representantes de iniciativas locais como Pablo Visos Varela (Sherlook, centrada na medición e a análise dos datos dos negocios a nivel dixital), Enrique do Rosario (Sunwalk Records) ou o equipo de Skomb-by-Tex. A continuación, procederase á entrega dos Premios Formación para emprender, tamén coa participación da concelleira.
Participan nesta edición estudantes de cinco centros educativos da cidade: a Grande Obra de Atocha, o Centro de Formación Profesional Nebrija, o IES Rosalía Mera e mais a Escola de Imaxe e Son. Os proxectos abranguen unha ampla variedade de especialidades como administración, deseño gráfico, mecánica, produción audiovisual, electrónica ou comercio electrónico.
Cabanas salientou que “o programa Inicia representa unha aposta clara pola innovación pedagóxica e pola conexión do ensino coa realidade laboral, ofrecendo ao alumnado unha oportunidade real de desenvolver competencias emprendedoras nun contexto creativo e colaborativo”.
O programa Inicia está impulsado polo Concello da Coruña en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop, consolidándose como “unha ferramenta educativa clave para achegar o alumnado á realidade empresarial, potenciando a creatividade, a innovación e o traballo en equipo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?