Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula AMTIC de Milladoiro oferta novos cursos de formación para os meses de abril e maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula AMTIC de Milladoiro oferta novos cursos de formación para os meses de abril e maio

S. P.
Publicado: 01/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cursos_amtic_ames.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) oferta unha nova programación de cursos para abril e maio, con clases dirixidas tanto a adultos coma para menores. As temáticas destes cursos abranguen contidos moi amplos e útiles para o mundo dixital, no caso dos adultos, dende a aprendizaxe básica do teléfono móbil, as utilidades de Internet na nosa vida diaria ata o uso das aplicacións de Writer e Calc de LibreOffice, e no caso dos menores, un uso de ferramentas do Scratch e Pixelart! ou tamén mecanografía.
A primeira das formacións dirixidas a adultos é Internet para a vida cotiá, que se impartirá os vindeiros días 23, 24 e 30 de abril, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Nestas sesións, os participantes poderán adquirir os fundamentos iniciais para navegar en Internet de forma segura e eficiente, realizar trámites a través da Rede ou aplicacións de lecer.
Por outra banda, tamén se ofrece unha formación de uso do móbil para a vida cotiá, na que o alumnado poderá adquirir coñecementos para mellorar ou optimizar o uso deste dispositivo na súa rutina diaria, dende as funcións básicas que ofrece un móbil ata toda a oferta de aplicacións e trámites que podemos realizar a través del. A formación impartirase os días 14, 15, 21 e 22 de maio, en horario de 10.00 a 12.00 horas.
O último dos cursos planificados pola AMTIC neste inicio de primavera é unha formación das aplicacións de Writer e Calc do paquete de ofimática LibreOffice, que se impartirá os todos os mércores e xoves desde o 23 de abril ata o 22 de maio, en horario de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación, os participantes coñeceran ao longo destas sesións todas as posibilidades e ferramentas que ofrecen estas dúas aplicacións de ofimática para a elaboración de documentos de texto, no caso de Writer, e o cálculo e representación de datos, no caso de Calc.
Para os máis pequenos da casa, a Aula AMTIC oferta dúas formacións. A primeira delas é un curso de mecanografía para os menores a partir de 10 anos. Na formación, o alumnado empregará diferentes programas dixitais para practicar esta habilidade e coller unha maior soltura á hora de escribir no ordenador. O curso impartirase todos os venres desde o 11 de abril ata o 23 de maio, en horario de 17.15 a 18.45.
Por outra banda, organizan para os días 14, 15 e 16 de abril (Semana Santa), unha formación cos programas creativos Scratch e PixelArt, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Nestas sesións, dirixidas para nenos e nenas a partir de 7 anos, o alumnado adquirirá un primeiro contacto co mundo da programación, a través do uso da ferramenta de programación Scratch, e tamén da creación de arte dixital, neste caso coa aplicación PixelArt.
As persoas interesadas en participar en calquera dos cursos formativos da AMTIC para os meses de abril e maio, tanto adultos coma menores, poderán completar a súa inscrición enviando a ficha cuberta, que se pode descargar na ligazón habilitada, ao enderezo electrónico de informatica.milladoiro@gmail.com, de forma presencial na aula de luns a venres en horario de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 20.00 horas ou chamando ao número de teléfono 674 594 843.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?