Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Axencia Tributaria alerta de tres ciberestafas comúns durante a campaña da Renda 2024-25
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Axencia Tributaria alerta de tres ciberestafas comúns durante a campaña da Renda 2024-25

S. P.
Publicado: 02/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bulo_renda_axencia_tributaria.jpgCo inicio oficial da campaña da declaración da Renda 2024-25 este mércores, 2 de abril, a Axencia Tributaria advertiu sobre “un notable incremento nos intentos de estafa”. Os ciberdelincuentes, aproveitando a confusión e o descoñecemento dos cidadáns, empregan técnicas fraudulentas para coaccionar ás persoas a través de correos electrónicos, SMS e aplicacións falsas.
Para evitar ser vítima destas prácticas delituosas, Facenda publicou unha serie de consellos destinados a previr e detectar as estafas. Estas son as tres principais técnicas empregadas polos delincuentes:
· Phishing: Os estafadores fanse pasar pola Axencia Tributaria, enviando correos electrónicos que solicitan información persoal e bancaria baixo a promesa de supostos reembolsos de impostos.
· Aplicacións móbiles falsas: A través de aplicacións móbiles non oficiais que imitan a imaxe da Axencia Tributaria, os ciberdelincuentes recompilan datos persoais e bancarios dos contribuíntes desprevidos.
· SMS fraudulentos: As mensaxes de texto enganosos prometen información útil ou servizos relacionados coa Renda, pero redirixen as chamadas a números de tarifas especiais, causando grandes cargos nas facturas telefónicas.
Un dos intentos de estafa máis recentes involucra correos electrónicos co título alarmante “Notificación final: Quedan 48 horas para responder”. Este tipo de mensaxes busca manipular emocionalmente aos contribuíntes e obter as súas credenciais bancarias.
Para protexerse, a Axencia Tributaria recomenda:
· Non abrir nin responder mensaxes de usuarios descoñecidos.
· Descargar unicamente aplicacións desde plataformas oficiais como Apple Store, Google Play ou Huawei AppGallery.
· Contactar exclusivamente a través de números oficiais, sempre verificados no sitio web da AEAT.
· Ter presente que Facenda nunca solicitará pagos nin información confidencial por SMS, e-mail ou outras canles similares.
Con estas medidas de precaución, Facenda busca asegurar que a maior cantidade de cidadáns logre evitar caer en mans dos ciberdelincuentes durante esta tempada fiscal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?