Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As sesións anti-fake news do Colexio de Xornalistas chegan a Brión, Oroso e Carral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As sesións anti-fake news do Colexio de Xornalistas chegan a Brión, Oroso e Carral

S. P.
Publicado: 03/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornalistas_desinformacion_marga_tojo.jpgOs obradoiros contra a desinformación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia recalaron este mércores 2 de abril nas localidades de Brión e Carral, onde Marga Tojo e Cinthia Piñeiro, respectivamente, impartiron dúas sesións divulgativas centradas na alfabetización mediática. Este xoves 3 de abril é a quenda do alumnado do IES de Carral, da man de Miguel Rodríguez, que mañá impartirá un novo obradoiro no mesmo centro de ensino. Este programa desenvolvese en centros de ensino medio da Coruña grazas a un convenio asinado coa Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís.
Os obradoiros contra a desinformación desenvolvidos polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, grazas a un convenio coa área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, chegaron este mércores ao alumnado do IES de Brión, a través dun taller con Marga Tojo González, comunicóloga e escritora, que traballou durante unha década no extinto xornal Galicia Hoxe e forma parte da directiva de Xornalistas Galegas, ademais de colaborar con eldiario.es, Público, Nós Diario ou O Salto diario. Tamén se realizou un taller no IES de Oroso, impartido por Cinthia Piñeiro, xornalista e podcaster, gañadora en 2023 da VIII Bolsa Nacho Mirás, que conta con experiencia en diferentes sectores da comunicación e traballa na actualidade na Televisión de Galicia.
A actividade de alfabetización mediatica do Colexio de Xornalistas continúa este xoves 3 no IES de Carral. O alumnado de 3º da ESO poderá desfrutar dun obradoiro contra a desinformación, ás 13:20, impartido polo xornalista Miguel Rodríguez Fernández, e aínda recibira un máis mañá venres ás 10:30. Miguel Rodríguez traballou cinco anos en La Opinión A Coruña e foi xornalista de datos na axencia de noticias Press Association no Reino Unido; desde 2019 é editor de Datos en ICIS, ademais de colaborar con medios elDiario.es, La Voz de Galicia, Naiz ou Tempos Novos.
O Colexio contextualiza estas actividades no imparable aumento da desinformación ou a confusión entre o que é e non é un medio na contorna dixital e en como esta marea de fake news está a danar “profundamente o xornalismo”, que se enfronta a unha crise e un descrédito sen precedentes, sinala a entidade, engadindo que “na defensa da profesión queremos combater esta situación trasladando á sociedade galega este programa de formación en alfabetización mediática”.
Grazas a estes obradoiros as rapazas e rapaces poden así coñecer as diferenzas entre a información errónea e a desinformación, preguntarse quen e por que ten interese en enganarnos, coñecer as estratexias de espallamento das loiadas ou converterse eles mesmos en fact checkers verificadores da información.
Todos os obradoiros estarán impartido por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación específica en alfabetización mediática na xornada organizada polo Colexio de Xornalistas o pasado 14 de decembro. En concreto, as e os xornalistas que descubrirán ao alumnado da Coruña as estratexias de quen propaga noticias falsas e os recursos para contrastar información serán Pedro Costa Manteiga, Sara Garea López, Elena Martín Lores, Cinthia Piñeiro Acevedo, Miguel Rodríguez Fernández e Marga Tojo González.
Nesta fase, grazas á área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña. liderada por Soledad Agra, un total de vinte talleres chegarán nos próximos meses a dez centros de ensino secundario da provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?