Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ingresa na RAGC Jesús Doval, catedrático de Tecnolóxica Electrónica da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ingresa na RAGC Jesús Doval, catedrático de Tecnolóxica Electrónica da UVigo

S. P.
Publicado: 03/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

doval_ragc_acto.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este xoves 3 de abril no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso do enxeñeiro industrial Jesús Doval Gandoy (Lugo, 1965), catedrático de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo, como académico numerario da sección de Ciencias Técnicas da institución. O investigador pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado Conversión de enerxía eléctrica e electrónica de potencia. A laudatio realizouna o académico da RAGC Pedro Merino.
O presidente da RAGC, Juan Lema, abriu o acto, ao que asistiron outros académicos, así como o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; da Universidade de Vigo a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Adela Sánchez, e o director da Escola de Enxeñaría Industrial, José Fariña; da Universidade de Santiago a vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, e a vicedecana da facultade de Medicina, Ángela Torres; o decano territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, Jorge Dahl; e o director xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Román Gómez; xunto a diversos representantes de institucións políticas, culturais, científicas e académicas galegas.
O presidente deu a benvida ao novo académico, do que salientou que “é unha persoa cunha traxectoria investigadora moi destacada. Con el incorpórase á Academia unha nova rama do saber moi necesaria na actualidade como é a electrónica de potencia, unha faceta da investigación básica e aplicada esencial e con moitísimo futuro”.
Dende a RAGC salientan que nos últimos anos “a actividade de Jesús Doval estivo relacionada coa educación, a investigación, a transferencia de tecnoloxía e a divulgación de coñecemento ao redor das tecnoloxías ligadas á enerxía eléctrica, os sistemas eléctricos e electrónicos de potencia e a electrónica industrial”.
No seu discurso de ingreso presentou a función e as enormes posibilidades da electrónica de potencia na conversión de enerxía eléctrica. “A día de hoxe a electrónica de potencia está presente nun gran número de aplicacións nas que se procesa enerxía eléctrica, tanto nas duns poucos miliwatts como por exemplo a fonte de alimentación dun implante médico, ata aplicacións de centenas ou miles de megawatts como no caso do transporte de enerxía eléctrica con tensión continua de alta voltaxe”, sinalou, explicando que un convertedor electrónico de potencia integra múltiples dispositivos electrónicos, sensores, microprocesadores, unidades de refrixeración, bobinas, condensadores… E indicou que o seu funcionamento está soportado polas bases de múltiples disciplinas da química, da física e das matemáticas.
“A electrónica de potencia é unha tecnoloxía fundamental na xestión de enerxía producida por fontes alternativas. Facilita e flexibiliza a integración destas fontes de enerxía no sistema eléctrico de distribución en transporte. Adicionalmente, ofrece solucións para o almacenamento de enerxía eléctrica, que, combinado e xestionado de maneira adecuada, permite que o sistema eléctrico estea menos dominado pola natureza intermitente das fontes de enerxía renovable”, engadiu.
ragc_doval.jpg Na súa intervención, o novo académico puxo de relevo que a electrónica de potencia está a ter un grande impacto nos últimos anos en aplicacións de mobilidade e transporte. Nesta liña, apuntou que “é unha parte nuclear dos accionamentos de tracción e propulsión usados en transporte e mobilidade eléctrica. Está presente nos sistemas de propulsión de automóbiles eléctricos e híbridos, no transporte ferroviario ou en barcos de propulsión eléctrica. Así mesmo, as estacións de carga rápida da batería dos automóbiles constan de convertedores electrónicos de potencia”. Destacou que unha alternativa de enorme interese na actualidade é a utilización de convertedores electrónicos de potencia para a subministración de enerxía eléctrica a barcos mentres están en porto, o que evita que os motores de combustión interna estean en funcionamento durante o atraque, contribuíndo deste xeito a reducir as emisións de gases tóxicos como óxidos de xofre e óxidos de nitróxeno.
O catedrático salientou que a presenza de sistemas electrónicos de potencia en moitos procesos industriais vai ligada á descarbonización dos devanditos procesos. Así, apuntou que é habitual que determinados procesos industriais térmicos estean baseados na utilización de combustibles fósiles. “A substitución destas tecnoloxías por outras que empregan electricidade de orixe renovábek, combinada con tecnoloxías baseadas en electrónica de potencia, permite a obtención de procesos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente” -subliñou-.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?