Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cloud.gal achegará servizos de ciberseguridade e eficiencia ás empresas de Lugomadera
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cloud.gal achegará servizos de ciberseguridade e eficiencia ás empresas de Lugomadera

S. P.
Publicado: 04/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

convenio_cloud.gal_lugomadera_1.jpgCloud.gal, empresa tecnolóxica galega especializada en servizos na nube e ciberseguridade, formalizou un acordo de colaboración coa asociación empresarial Lugomadera para asegurar que os procesos de dixitalización no sector madeireiro “sexan desenvolvidos de maneira segura e eficiente”.
En virtude do convenio, Cloud.gal actuará como provedor de solucións tecnolóxicas para as empresas asociadas, ofrecendo ferramentas adaptadas ás súas necesidades e liderando a implantación de boas prácticas en ciberseguridade. Esta alianza tamén contempla un acompañamento especializado para pemes, facilitando a súa transición cara a contornas dixitais seguras.
Un dos eixos clave do convenio é o acceso a subvencións e axudas públicas destinadas a facilitar este proceso de cambio tecnolóxico, especialmente no ámbito da ciberseguridade. En calidade de axente dixitalizador, Cloud.gal asumirá sen custo algún para as empresas asociadas a xestión destas axudas, aliviando a carga administrativa e aumentando as posibilidades de acceso a financiamento público.
Dende a empresa explican tamén que “entre as accións previstas no marco do acordo figuran xornadas informativas, asesoramento técnico personalizado e materiais de apoio para fomentar unha dixitalización segura e adaptada ás necesidades reais do sector madeireiro”.
convenio_cloud.gal_lugomadera_2.jpgO director executivo (CEO) de Cloud.gal, Rafa Villaverde, mostrou a súa satisfacción por “colaborar con Lugomadera e deste xeito poder achegar o noso coñecemento en tecnoloxía e ciberseguridade para que as empresas do sector poidan dar o paso cara á dixitalización con total confianza”. Ademais, Villaverde indicou que “este acordo reforza a nosa misión de tender unha man para o fortalecemento dixital do tecido empresarial galego”.
Pola súa banda, Mari Carmen Gayoso, presidenta da asociación empresarial, explicou que “a dixitalización é unha necesidade, pero debe facerse con seguridade e garantías. Con este acordo, as nosas empresas poden avanzar sabendo que teñen o respaldo dun equipo especializado en protexer a súa información e os seus sistemas”.
Como parte deste compromiso, Cloud.gal xa realizou unha auditoría de ciberseguridade á propia sede de Lugomadera, sentando así as bases “dunha colaboración baseada na confianza e o exemplo práctico das medidas que se promoverán entre as empresas do sector”, sinalaron.
Desde a asociación destácase que esta colaboración representa un paso máis na modernización do sector, e que a súa difusión levará a cabo mediante as canles habituais de Lugomadera, facilitando así o acceso dos seus membros a ferramentas prácticas e apoio experto.
O convenio ten unha duración inicial dun ano, con renovación automática, e reforza o compromiso de Lugomadera cunha “transformación dixital que non só impulse a competitividade, senón que tamén garanta a seguridade dos seus asociados fronte aos retos da contorna dixital”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?