Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hack A Boss e Softtek acadan un 90% de empregabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Hack A Boss e Softtek acadan un 90% de empregabilidade

S. P.
Publicado: 04/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

hack_a_boss-3.jpgA coruñesa Hack A Boss, referente galego e estatal en formación tecnolóxica, segue a dar importantes avances na súa estratexia de ser un punto de conexión entre o talento tech e as empresas que buscan perfís cualificados. Segundo indica a firma, un claro exemplo do devandito é a súa colaboración con Softtek, unha compañía global con sede na Coruña que atesoura máis de 40 anos de experiencia e 15.000 profesionais en América, Europa e Asia, sendo recoñecida recentemente por Forbes como Super Empresa 2023 (polo seu enfoque en talento e cultura laboral). Grazas a esta alianza, creouse un programa de formación totalmente adaptado ás necesidades dun dos seus principais clientes no sector financeiro.
Formación en desenvolvemento backend con Java para Softtek
Entre outubro de 2023 e abril de 2024, Hack A Boss impartiu tres edicións dun bootcamp en desenvolvemento backend con Java, con especialización en Spring Boot e un framework propio, para un gran cliente de Softtek no sector financeiro. En total, 55 estudantes adquiriron as habilidades específicas que a empresa necesitaba, co obxectivo de integralos de inmediato no equipo do cliente, preparados desde o primeiro día.
Resultados que falan por si sós
Hack A Boss sinala que “os resultados foron excepcionais”, co 98,2% dos estudantes superando o bootcamp e facéndoo con cualificacións entre 8,1 e 10. En canto á inserción laboral, Softtek contratou á maioría dos graduados entre marzo e novembro de 2024. Un 90% dos estudantes xa forma parte dos equipos dun dos principais clientes financeiros de Softtek.
Hack A Boss: un partner estratéxico para as empresas
Dende o equipo da firma de formación coruñesa explican que este modelo de formación e captación de talento “demostra como a colaboración entre empresas e centros de formación pode transformar o sector tecnolóxico”. Este encaixe entre talento e oportunidades laborais conséguese co “contacto directo e permanente coas empresas”, un diálogo continuo que posibilita que a Hack A Boss detectar as necesidades do mercado, como neste caso, a formación en Java que necesitaba o cliente de Softtek. Para esta análise a tempo completo, a firma coruñesa emprega unha ferramenta propia, a Boost Market, que semanalmente analiza as necesidades do mercado.
Hack A Boss tamén destaca os horizontes que abre Java: “Trátase dunha linguaxe clave para Softtek e unha das máis demandadas no desenvolvemento backend. A súa estabilidade, seguridade e escalabilidade convértena na opción preferida en sectores como a banca, o comercio electrónico e as telecomunicacións, onde grandes empresas confían en tecnoloxías como Spring Boot para crear solucións robustas e eficientes. Durante os primeiros dous meses, os alumnos reforzaron os seus coñecementos en programación, desde o máis básico ata un nivel avanzado en Java. No último mes, a formación axustouse especificamente ás necesidades do cliente de Softtek, asegurando que as e os estudantes chegan listas/os para incorporarse ao equipo e achegar valor desde o primeiro día”.
Pechando a fenda entre a formación e o mercado tech
Casos como o de Softtek permiten a Hack A Boss verificar que o contido dos seus bootcamps encaixe nas necesidades reais do mercado. Unha vez validados, estes programas ofrécense ao público en xeral, garantindo que os alumnos estean entre os primeiros en estar listos para responder as esixencias do sector das novas tecnoloxías. “Este enfoque de formación personalizada e aliñada coas demandas actuais non só beneficia aos estudantes, senón que tamén achega un valor esencial ás empresas que buscan talento cualificado”, explican dende Hack A Boss, engadindo que “con este modelo seguimos marcando a diferenza, achegando aos profesionais tech do futuro ás oportunidades laborais do presente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?