Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames organiza novos cursos de formación para os meses de abril e maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames organiza novos cursos de formación para os meses de abril e maio

S. P.
Publicado: 04/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartel_cemit_abril_e_maio_portada.jpgA Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames organiza novos cursos formativos para abril e maio. Deste xeito, ao longo destes dous meses haberá en total tres formacións dirixidas para adultos: un sobre telefonía móbil (sen prazas), outro sobre presentacións con LibreOffice Impress e outro sobre traballo na nube.
En canto aos cursos para menores, realizaranse dous, un deles será unha formación con Scracht para Semana Santa, sen prazas dispoñibles xa. A outra das formacións para rapaces e rapazas será Traballos de clase con LibreOffice. A inscrición para calquera dos cursos pode facerse chamando ao 682 373 753, escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou de forma presencial nas propias instalacións da aula CeMIT en Bertamiráns.
Cursos para adultos
En total, haberá tres formacións presenciais dirixidas para adultos e ofértanse 14 prazas para cada un. O primeiro dos cursos será Sácalle partido ao teu teléfono móbil, para o cal xa non quedan prazas libres. Nesta formación, o alumnado aprenderá todos os usos e posibilidades que ofrece o teléfono móbil, desde o nivel máis básico. O curso, que comeza mañá martes, 1 de abril, durará ata o vindeiro 12 de xuño. Así mesmo, desenvolverase os martes e xoves en horario de 10.00 a 12.00 horas.
O segundo curso será Presentacións con LibreOffice Impress, que se impartirá desde o 21 de abril ata o 7 de maio, os luns e mércores, en horario de 17.15 a 18.45 horas. Os participantes continuarán a adquirir ferramentas relacionadas co paquete de ofimática LibreOffice, neste caso, centrado na creación e formato de presentacións completas e interactivas empregando os diferentes elementos que oferta a aplicación.
O último dos novos cursos para adultos que organiza a aula CeMIT para estes meses de primavera é Traballando na nube, que dará comezo o 12 de maio e rematará o 11 de xuño. As clases serán os luns e mércores en horario de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación impartiranse contidos relacionados coa nube (o espazo dixital para gardar contidos), empregando as ferramentas de Google como base práctica, xunto con todas as posibilidades de traballo que esta ofrece para crear, organizar e compartir documentos de todo tipo.
Cursos para menores
Así mesmo, a Aula CeMIT organiza un novo curso de formación para menores, Traballos de clase con LibreOffice, dirixido para mozos e mozas de entre 9 e 14 anos. O curso desenvolverase os martes e xoves en horario de 17.15 a 18.45, e dará comezo o día 22 de abril e durará ata o vindeiro 12 de xuño. Deste xeito, os participantes poderán coñecer todas as opcións e posibilidades que ofrecen os servizos de Writer e Impress do paquete de ofimática LibreOffice para poder realizar os seus traballos da escola e do instituto. Ademais, afondarán nos mecanismos para saber atopar información na rede e organizala dun xeito eficiente.
Este novo curso de ofimática para menores súmase ao curso da ferramenta de programación Scratch que se desenvolverá os días de semana Semana Santa (Luns 16, martes 15 e mércores 16 de abril), para o cal xa non quedan prazas. Dirixido para menores de 8 a 12 anos, nel os participantes comezarán a introducirse na lóxica da informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?