Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia inicia a súa fase da Academia con 23 proxectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia inicia a súa fase da Academia con 23 proxectos

S. P.
Publicado: 07/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

academia_zona_franca_vigo.jpgA fase Academia de ViaGalicia, a aceleradora da Zona Franca e o IGAPE, botou a andar este pasado venres no Centro de Negocios de Porto do Molle cos 23 proxectos seleccionados do Startup Day que, durante as vindeiras sete semanas, afrontarán esta fase de preaceleración para a súa validación e definición. Esta nova etapa do programa desembocará nun Demoday para a elección dos 15 finalistas que participarán na 8ª edición da aceleradora.
As TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o sector agroalimentario e pesqueiro e o sector turístico son os predominantes entre os 23 proxectos que traballarán na Academia. Tamén hai propostas relacionadas co aeroespacial, as enerxías renovables, a saúde, a medicina ou a cultura. Das 23 iniciativas 15 son de equipos da provincia de Pontevedra, 5 delas de Vigo, ademais das 3 da provincia da Coruña, 2 da de Lugo e outras 2 da de Ourense.
Participan as seguintes empresas: Sénior Lingua (TIC), Canumi (alimentación), CertyChain (TIC), Ciclope Mencia (móbeis e decoración), Immotion (saúde), Digy (enerxía), Estudiar con Sentido (formación), CNC Roborouter (bens de equipo), Luxsit (robótica), Orixe Salgada (alimentación), Air Cargo Booking (transporte e loxística), Yourt Store (outros bens de consumo), Skeirrum Coop Galega (cultura e ocio), FittingLabs (TIC), Vinak Products (outros bens de consumo), Knowmad Tribe (turismo e hostalería), MVico Bike Experience (turismo e hostalería), Wairbot TV (alimentación e pesca), Gastrovisual (turismo e hostalería), Longevita (TIC), Salmoira (alimentación), Boostainability (TIC) e PROA2 Health (alimentación e pesca).
O obxectivo da Academia de ViaGalicia será facilitar ás propostas participantes os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para definir o seu modelo de negocio a través dun programa práctico de pre-aceleración, enfocado á proposta de valor e a súa orientación ao mercado. Nesta fase coñecerase mellor aos emprendedores, as súas propostas e analizarase o seu grao de desenvolvemento.
O programa está integrado por sesións formativas prácticas que se desenvolven en venres e sábado durante 7 semanas. Tamén se impartirán titorías individuais a cada proxecto e participarán nun total de 6 mesas redondas con outros emprendedores de referencia. As temáticas que se abordarán son: a importancia do equipo dunha startup; a comunicación, propostas de valor e modelos de negocio; desenvolvemento dun produto mínimo viable (MVP); orientación ao mercado (online e offline); captación de clientes; desenvolvemento de proxeccións económico-financeiras; aspectos xurídicos e legais relacionados coa constitución e inicio da sociedade; elaboración dos pactos de socios e a negociación e defensa do modelo de negocio. Trátase “de que os equipos consigan dispoñer, ao final desta fase, dunha primeira proposta do seu modelo de negocio e teñan a capacidade de presentala de forma solvente ante o Comité Técnico do Programa”, sinalaron dende ViGalicia, engadindo que unha vez finalizada a Academia, os emprendedores participarán nun DemoDay de onde sairán un máximo de 15 propostas que se incorporarán en setembro á 8ª edición da aceleradora ViaGalicia, que contou cunha participación inicial de 108 iniciativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?