Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberto ata o 16 de abril o prazo para solicitar praza nos Campamentos Dixitais da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberto ata o 16 de abril o prazo para solicitar praza nos Campamentos Dixitais da Xunta

S. P.
Publicado: 07/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campamentos_dixitais_xunta.jpgO prazo para presentar solicitudes para participar nos Campamentos Dixitais da Xunta de Galicia ficará aberto ata o vindeiro mércores 16 de abril. Poderán participar rapazas e rapaces de 9 a 17 anos de todos os concellos galegos, co obxectivo de mellorar as súas competencias dixitais e obter recursos que garantan navegacións seguras, creativas e saudables, ao tempo que socializan e fan novas amizades. Hai 9.300 prazas gratuítas dispoñibles, segundo confirmou a Xunta (Consellería de Educación), que engadiu que 7.000 delas habilítanse nesta primeira convocatoria para centros públicos, que se completan con outras 2.300 máis para centros concertados.
Recentemente o conselleiro Román Rodríguez salientou a oportunidade desta iniciativa na medida en que os rapaces van poder “perfeccionar as súas destrezas e competencias dixitais ao tempo que se facilita a conciliación das familias durante a época estival”.
Segundo dixo, os campamentos contarán, ademais, cun amplo abano de actividades complementarias enfocadas á convivencia e a fomentar as relacións sociais e a cohesión dos grupos.
Os campamentos, aos que se destina máis de 2M€, van dirixidos ao alumnado de entre 9 e 17 anos, para estadías en quendas dunha semana que se celebrarán desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, é dicir, coincidindo co período de vacacións escolares, cando os centros abrirán para acoller esta iniciativa. En canto á asignación das prazas, terase especial atención ao alumnado de contornas vulnerables por cuestións de índole socioeconómica, por ter unha discapacidade ou por residir en zonas con baixa conexión, entre outras.
Durante as estadías, en horario de 9,00 a 16,00 horas, os rapaces estarán atendidos por profesionais especializados en competencias dixitais contratados especificamente para desenvolver este programa, xa que o obxectivo é reforzar os coñecementos do alumnado e, deste xeito, contribuír a atallar a fenda dixital, en cumprimento do mandato da Unión Europea ao respecto. Paralelamente, configúrase como unha medida de apoio á conciliación das familias na época estival, unha vez que remata o período lectivo.
Haberá dous itinerarios formativos: un de competencias básicas dirixido a alumnos de entre 9 e 13 anos de idade e outro de competencias avanzadas para alumnos de entre 14 e 17 anos, organizados en grupos de entre 15 e 25 alumnos. Os alumnos que superen o curso poderán certificar 30 horas de formación. Para o desenvolvemento das actividades os alumnos contarán con materiais dixitais específicos e metodoloxías activas.
Calendario das estadías:
1ª quenda 23 xuño – 27 xuño 2025
2ª quenda 30 xuño – 4 xullo 2025
3ª quenda 7 xullo – 11 xullo 2025
4ª quenda 14 xullo – 18 xullo 2025
5ª quenda 28 xullo – 1 agosto 2025
6ª quenda 1 setembro – 5 setembro 2025

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?