O Consello da Xunta deu o visto e prace ao contrato para aplicar o desenvolvemento e actualización da plataforma de integración dos sistemas de comunicación en tempo real do Servizo Galego de Saúde, a CETIR. O Executivo galego investirá 390.297 euros co fin de optimizar e de dotar de novas funcionalidades o sistema.
Segundo explica o SERGAS, CETIR é unha plataforma de comunicación en tempo real que xera canles de voz e vídeo instantáneos sobre a base de diferentes estándares. Permite conectar calquera aplicativo empregado por parte dos profesionais sanitarios, como pode ser a historia clínica electrónica Ianus 5, con aquelas aplicacións que son empregadas pola cidadanía, como o SERGAS Móbil. Ademais, a plataforma garante e asegura todas as operacións que se realicen en rede, ademais de posibilitar a rastrexabilidade de todos os eventos comunicativos que se rexistren na mesma.
A actualización de todos os servizos da plataforma estará completa en decembro de 2026.
Na actualidade, os continuos avances tecnolóxicos exixen o desenvolvemento da plataforma CETIR para adaptarse ás novas necesidades da sociedade e, por ende, do Servizo Galego de Saúde.
Entre as funcionalidades que posibilitará a actualización da plataforma atópanse: a de permitir gravar as chamadas -de vídeo e voz- de acordo á normativa e aos estándares de seguridade vixentes; converter os postos de traballo en teléfonos virtuais; dotar a aplicación SERGAS Móbil dunha comunicación de voz dixital que identifique de xeito inequívoco aos cidadás -sen necesidade de que acheguen o seu número de teléfono-; catalogar sistemas de videoconferencia adicionais para usos concretos ou posibilitar o envío de notificacións ás aplicacións dos teléfonos móbiles e postos de traballo, aínda que non se estean empregando estes programas.
A Xunta investirá 390.000 euros no desenvolvemento da plataforma de integración das comunicacións do SERGAS
Compartir Este Artigo

