Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae organiza en maio a 2ª edición do curso sobre axilidade avanzada e metodoloxías OKR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae organiza en maio a 2ª edición do curso sobre axilidade avanzada e metodoloxías OKR

S. P.
Publicado: 08/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vitae_okr_4.jpgVitae Consultores segue adiante este mes de maio ofrecendo aos nosos profesionais TI a formación máis avanzada e actualizada: formación imprescindible para gañar en eficiencia, competitividade, axilidade e capacidade de comunicación e colaboración. Sen ir máis lonxe, a consultora galega organiza os días 7 e 14 de maio a segunda edición do curso Axilidade Avanzada: OKR, de seis horas de duración e programado en formato de aula virtual con posibilidade de consultar de xeito ilimitado as sesións unha vez rematadas as sesións.
Trátase dunha actividade formativa que pon o foco, como se indica no título, na metodoloxía OKR (Obxectivos e Resultados Clave polas súas siglas en inglés), moi acaida para definir obxectivos e axudar aos equipos a establecer metas claras que se poidan calibrar.
vitae_okr_3.jpgSegundo explica Vitae, o curso adéstranos nun sistema, OKR, que nos leva directamente a pivotar a nosa acción (o traballo) cara a xeración de valor.
E engaden dende a consultora galega: “Non podemos negar que a maioría das veces, na xestión dos nosos día a día, sabemos perfectamente que é o que estamos a facer e temos que facer, pero de cando en cando somos capaces de traducir dese facer cal é o resultado que estamos a lograr. E iso levado ao mundo dos OKR esixe unha dobre obriga: por unha banda, definir e establecer os obxectivos en termos de valor que queremos alcanzar e, doutra banda, establecer a priori, e avaliando a posteriori, os resultados clave que imos ir logrando para ser conscientes de se estamos (ou non) achegándonos ao obxectivo establecido. Dito doutro xeito: saber se o noso facer está a xerar valor, ou non, en termos de resultados”. Esta seria a base para traballar sobre un sistema de OKR, sinalan dende Vitae.
vitae_okr_2.jpgTemario
Por que OKR: razóns para usar esta metodoloxía
Descubrindo OKR: elementos de construción
Aprendendo OKR: a súa definición
Ciclo OKR: fase de traballo e despregamento
vitae_okr.jpgA persoa encargada de impartir os contidos será Guillermo Jávega, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Valencia. Guillermo estudou Economía Internacional na Universidade de Bristol, é Máster en Xestión da Calidade Total e Desenvolvemento Empresarial pola Universidade Carlos III de Madrid e está certificado en SAFe5.0, Scrum Master, Scrum Level e Kanban. Desde hai 20 anos traballa como consultor e trainer especializado en xestión de modelos organizativo baixo principios e prácticas áxiles e innovadoras para diferentes sectores. Entre as empresas e organismos que asesorou atópase o Instituto Catalán da Saúde, Vicky Food, Ford España, AENA, Benimar, Valeo Automoción, Telefónica de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?