Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo especial do portal Proxector afonda no poder do deporte nunha ducia de vídeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo especial do portal Proxector afonda no poder do deporte nunha ducia de vídeos

S. P.
Publicado: 08/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxector_especial_deporte.jpgAo fío do Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, que a ONU conmemora cada 6 de abril, a nova entrega do portal Proxector (iniciativa de divulgación científica en lingua galega promovida polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega co apoio da Universidade de Santiago), afonda no poder transformador do deporte cun novo especial divulgativo. En palabras do CCG, trátase “dunha ducia de vídeos que nos falan da historia e das principais características dalgunhas prácticas deportivas así como dos beneficios do deporte para o benestar físico e mental”.
O especial deste mes de Proxector xunta doce vídeos para explicar, en boca dos científicos, os beneficios e consellos á hora da práctica deportiva.
Inclúese unha peza da serie Adestra a túa lingua, realizada pola cooperativa Suseia ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022, para ofrecer á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo. Desta mesma serie tamén se escolman máis pezas, unha delas é Os birlos celtas e a esgrima histórica e outra é o vídeo Como competir en remo que nos explica cales son as tres modalidades que teñen máis tradición nas nosas rías, segundo a embarcación empregada para a súa práctica (traiñeira, canoa e piragua ou caiac).
Neste percorrido non podía faltar o fútbol. Nunha peza dirixida por Antón Varela e locutada por Lucía Aldao, achega a historia do fútbol masculino en Galicia nos anos vinte do século pasado. Uns anos destacados nos que se profesionaliza o fútbol masculino galego, se crea a primeira selección galega e xorden equipos coma o Rácing de Ferrol ou o Celta de Vigo. As fases do quecemento deportivo, como lle afectan os estiramentos aos músculos ou como combater as maniotas son outros dos vídeos que se poden ver nesta entrega do Proxector. E tamén se incorpora un vídeo TED (13” 02””) no que a neurocientífica Wendy Suzuki explica porqué o exercicio é o máis transformador que se pode facer polo cerebro. A experiencia da deportista Tania Álvarez Yates ou o vídeo divulgativo da Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña son algúns dos vídeos que se poden ver neste especial.
O proxecto Proxector: audiovisuais en galego para a docencia é un espazo web dedicado a recompilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais que sirvan de apoio á docencia en lingua galega de diversas materias de bacharelato e de ensino universitario. A idea orixinal foi deseñada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e botou a andar no ano 2015 no portal educativo Didactalia. En 2018 o CCG, a través do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), sumouse á iniciativa e comezou a participar de xeito activo tanto na súa coordinación como na edición de contidos. Cumprindo coas competencias que lle son propias no eido da preservación e difusión do idioma galego, o CCG acordou asumir tamén a custodia dos datos recompilados ao longo destes anos e que, a partir de agora, estarán ao dispor da cidadanía no sitio web institucional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?