Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca de Vigo acollerá un campamento tecnolóxico inclusivo para persoas con discapacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca de Vigo acollerá un campamento tecnolóxico inclusivo para persoas con discapacidade

S. P.
Publicado: 09/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conecta_steam.jpg Será este venres, 11 de abril, cando a High Tech Auto da Zona Franca de Vigo acolla unha iniciativa pioneira para achegar a innovación e a tecnoloxía ás persoas con discapacidade intelectual.
Trátase do chamado bootcamp inclusivo de tecnoloxía Conecta STEAM, un curso intensivo especializado no sector da automoción impulsado pola Universidade de Vigo en colaboración coa empresa Kidcode, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación Adecco.
A finalidade desta proposta formativa pioneira é permitir que mozos e mozas con discapacidade intelectual ou no desenvolvemento coñezan as ferramentas tecnolóxicas de última xeración, favorecendo así a súa autonomía persoal, a súa empregabilidade e a súa participación plena nunha sociedade dixital. Cómpre dicir que xa están todas as prazas cubertas e mesmo con lista de agarda para futuras edicións.
O dito campamento tecnolóxico xurde do compromiso compartido polas catro entidades impulsoras coa innovación social e a inclusión e tivo como punto de partida unha necesidade detectada por Maruxa Álvarez, directora da Área de Emprego e Emprendemento da UVigo, a raíz da súa experiencia como coordinadora académica do título propio Emprego e Vida Autónoma que imparte a UVigo. A docente identificou unha importante fenda no acceso á formación tecnolóxica por parte do alumnado con discapacidade intelectual deste curso que “seguro que é extensible a outras persoas novas con discapacidade intelectual”.
Este bootcamp será unha experiencia piloto con vocación de continuidade que aspira a converterse nunha microcredencial no futuro, adaptada ás necesidades do mercado laboral e en liña coa crecente demanda de competencias dixitais en todos os sectores profesionais.
Indo á formación, dicir que terá un enfoque práctico, accesible e inclusivo, e combinará contidos como: programación, robótica, impresión 3D e Intelixencia Artificial, con metodoloxías activas e acompañamento personalizado.
Esta actividade, que é de balde e está aberta a persoas entre os 18 e os 30 anos, conta coa participación de Kidcode, unha empresa galega especializada no ensino tecnolóxico responsable para públicos diversos. A súa fundadora, Leticia Costas, subliña que: “a tecnoloxía non só pode ser unha ferramenta de inclusión, senón tamén de empoderamento persoal se se ensina de maneira adaptada e consciente”.
A formación levarase a cabo nas instalacións da Zona Franca de Vigo, que cede as instalación do Autolab da High Tech Auto, achegando unha contorna de innovación e un laboratorio de fabricación equipado con tecnoloxía punteira, ideal para a realización deste tipo de formación. Pola súa banda, a Fundación Adecco colabora economicamente na posta en marcha do proxecto, no marco da súa alianza coa UVigo para o desenvolvemento do título propio e noutras iniciativas dirixidas a mellorar a empregabilidade de persoas con discapacidade.
Para rematar, sinalar que con este bootcamp búscase non só ofrecer unha formación transformadora aos seus participantes, senón tamén demostrar que o acceso á tecnoloxía pode e debe ser universal, eliminando barreiras e xerando oportunidades reais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?