Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG estrea no seu portal a serie Se canto é porque quero, encadrada na celebración das Letras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG estrea no seu portal a serie Se canto é porque quero, encadrada na celebración das Letras

S. P.
Publicado: 09/04/2025
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

se_canto_e_porque_quero_rag.jpgA Real Academia Galega estreou este mércores 9 de abril no seu portal e na súa canle de Youtube Se canto é porque quero, a serie documental das Letras Galegas 2025. Segundo explicaron fontes da institución galega, esta proposta de tres capítulos “tece un mosaico de testemuños e olladas que van retratando o mundo das cantareiras e da poesía popular oral, protagonistas da gran festa do vindeiro 17 de maio”.
Cada episodio parte dunha das tres personalidades nas que a RAG personifica a celebración (Rosa e Adolfina Casás Rama, veciñas de Cerceda; as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños; e Eva Castiñeira, de Muxía), incidindo no carácter coral da mesma e no presente e futuro da tradición que están a reinterpretar as novas xeracións.
A produción audiovisual afonda nas ideas centrais destas Letras Galegas nas que a RAG quere reivindicar en último termo “a fala do pobo que mantivo vivo o galego ao longo dos séculos, a enorme creatividade da poesía feita anonimamente e a súa vixencia”, salienta o presidente da Academia, Henrique Monteagudo, engadindo que “quixemos resaltar a forza viva da tradición dun pobo que segue a cantar porque quere, como di a copla que lle dá título á serie. Como a mocidade está a abrirlle novos camiños con grande éxito”, prosegue. “A natureza colectiva desta festa é outro dos seus esteos”, sinala a secretaria da Academia e promotora da candidatura, Ana Boullón. “Por iso animamos a que cada vila, cada aldea lembre este 17 de maio as súas propias cantadoras, e que lles dea igualmente voz aos netos e netas que fan seu con orgullo este legado, como reflicte tamén a serie”.
20250409_rag_presentacion_serie_letras_galegas_5_.jpgO Museo do Pobo Galego acolleu a presentación de Se canto é porque quero, unha produción da RAG realizada por Miramemira co apoio económico da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Henrique Monteagudo e Ana Boullón, o académico Antón Santamarina, coeditor do Cancioneiro Popular Galego e participante na serie; e os seus codirectores, Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez, compareceron ante os medios neste espazo que custodia o arquivo da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth e o propio Santamarina acompañados pola súa presidenta como anfitrioa, Concha Losada.
“Concibimos este proxecto como un manual que achega as chaves para acceder ao coñecemento e á realidade da nosa tradición oral, honrando as mulleres que a crearon e transmitiron xeración tras xeración, pero tamén as persoas que se propuxeron recoller as nosas letras”, resumiu Damián Varela Pastrana, ao que Alba López engadiu que “quixemos amosar como son as recollidas, a súa evolución e a dos espazos de aprendizaxe, e puxemos o foco na música do presente”.
Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, Felisa Segade ou as rapazas do Regueifa Tour son así algunhas das voces convidadas nun relato que fai parada, entre outras localizacións, nos tres epicentros das Letras Galegas 2025: Cerceda, Malpica de Bergantiños e Muxía, onde se gravou o peche do terceiro episodio contando coa colaboración de Caamaño&Ameixeiras, Mondra e mais o alumnado e o profesorado do CEIP Os Muíños.
A serie arrinca na Vila da Igrexa, rememorando o encontro entre Schubarth e Rosa e Adolfina Casás Rama. Relátao na propia aldea das homenaxeadas Richi Casás, neto e sobriño neto de ambas as cantareiras. “No primeiro episodio, Rosa e Adolfina. As recollidas onte e hoxe, quixemos insistir na importancia de documentar e recoller as coplas e as músicas populares, e mais a necesaria complicidade entre as persoas informantes e quen realiza estes traballos”, explica Alba López Álvarez. É un traballo que iniciou Sarmiento hai trescentos anos e que ten a súa biblia no Cancioneiro de Schubarth e Santamarina, realizado entre finais dos anos 70 e principios dos 80 do século pasado. Pero Se canto é porque quero recorda tamén o labor xeneroso de moitas outras persoas que percorreron o país, de rueiro en rueiro, rexistrando a memoria de milleiros de versos.
20250409_rag_presentacion_serie_letras_galegas_2_.jpgA música Mercedes Peón é outra das voces que compoñen o primeiro capítulo, que deixa constancia das recollas que realizaron no seu momento novas xeracións. Póñenlle o ramo Ales Míguez, Miguel Lesta e Leticia López Rey, que divulgan nas redes sociais o rico herdo da tradición dándolle un novo xeito. Os tres mozos rexistran a recollida protagonizada polas veciñas de Bembibre Nieves Bello, Servia e María Rodríguez Bello e mais Manola e Carmen Fernández Rodríguez. O episodio dedícaselle a esta última, falecida durante a montaxe da serie, e a todas as mulleres que nos legaron a fala e o canto.
O segundo capítulo, As pandeireteiras de Mens. Da aldea á cidade, conta cos testemuños de Isabel García Quintela e Manel Fernández Pensado, presidenta e presidente de honra da Agrupación Folclórica Aturuxo da Coruña, da que formaron parte as cantareiras de Malpica de Bergantiños. A narración prosegue coas intervencións das cantareiras da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños), e mais Carme e Uxía da Pontragha, que tras aprenderen das súas maiores en Tordoia hoxe son mestras de canto e pandeireta nun ambiente urbano. Tamén intervén nesta segunda entrega a cantadora e tocadora Antía Vázquez, membro de Alana, que explica de modo didáctico a estrutura dunha cantiga.
No terceiro episodio, Eva Castiñeira. A necesidade de perdurar, Martín Mondragón (Mondra) e Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras) manteñen un encontro co alumnado do CEIP Os Muíños para lle aprender a crear novas coplas e músicas partindo da tradición. Tereixa Novo, Carmen Vázquez e Pedro Lucas, de Fuxan os Ventos, e Felisa Segade, de Leilía, lembran pola súa parte as achegas de ambas as formacións á recuperación das letras e da música popular nun episodio que remata ollando ao futuro coas regueifeiras adolescentes do Regueifa Tour.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?