Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Pro do Carballo Interplay explorará o éxito da comunicación dixital do Celta de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Pro do Carballo Interplay explorará o éxito da comunicación dixital do Celta de Vigo

S. P.
Publicado: 09/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

celta_dixital.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay, organizado polo Concello, presento este 9 de abril os paneis da súa Zona Pro, un espazo para reflexionar e debater sobre as tendencias na industria da comunicación e o eido dixital da man dos seus protagonistas. Nesta XII edición do festival, que será do 24 ao 27 de abril no Mercado de Carballo, explorarase o fenómeno do true crime, o seu formato, o estilo a ambientación, así como conflitos éticos, da man de dous proxectos galegos premiados pola iniciativa Radar Podcast Spotify. O panel será o venres 26 ás 10:00 e participarán os programas Sofá, manta y crimen, Ana Orellana creadora de La crónica oscura e Jesús Carbón, responsable de partnerships con creadores, medios de comunicación e produtoras de podcasts en Spotify España.
sofa_y_manta_y_crimen.jpg O Celta de Vigo tamén estará presente en Carballo. O segundo panel, que será ás 12.00 horas centrarase na estratexia de comunicación do club galego e do seu impacto no eido dixital. De título, O chío, a Oliveira e as raíces. O impacto da comunicación do Celta de Vigo no sentir da sociedade galega, repasará cos responsables de comunicación as chaves do seu éxito. A mañá rematará cun podcast en directo. O Faiado, programa galego en tendencia gañador do pitching a mellor proxecto dixital en galego (na categoría de canle) da última edición do Interplay, pechará a mañá conversando con convidados moi especiais que se desvelarán proximamente.

Ana Orellana creadora de La crónica oscura
Ana Orellana creadora de La crónica oscura
O devandito complétase tamén na xornada do sábado 26 con Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel, que reflexionarán no panel Abajo el trabajo sobre a hiperproductividade e autoesixencia nos creadores de contido. Para falar da loita antirracista e contra a xitanofobia estarán Chaimaa Boukharsa, Silvia Agüero, Lucía Mbomío e Celia Montoya no panel Comunicar na diversidade.
O Carballo Interplay completa así a presentación da súa programación de contidos dixitais, a falta de anunciar a Sección Oficial na categoría de series e os finalistas dos diversos premios do certame, como o de Mellor Creador/a e Mellor Canle Dixital en Galego, o único en Galicia que destaca a creadores dixitais de diversas plataformas de contido.
Carballo Interplay está organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo co apoio da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia a través de AGADIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?