Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia empregará a IA para mellorar a xestión dos recursos da ría de Arousa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia empregará a IA para mellorar a xestión dos recursos da ría de Arousa

S. P.
Publicado: 09/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A ría de Arousa vista dende o monte da Curota, na Pobra, nunha imaxe de Santi Alvite
A ría de Arousa vista dende o monte da Curota, na Pobra, nunha imaxe de Santi Alvite
A Consellería do Mar, a través da Compra Pública de Innovación da convocatoria 2025, propón a creación dun xemelgo dixital que modele a influencia de múltiples variables ambientais e antropoxénicas sobre o ciclo de vida de diferentes especies de interese comercial residentes na ría de Arousa.
Trátase do proxecto MaruxIA, que podería ter un investimento de 3 millóns de euros, e a través “do cal contribuiríase a garantir a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos recursos naturais, pois dispor deste sistema axudará no deseño de estratexias que preserven os ecosistemas”, explicaron fontes da Consellería, engadindo que tamén poría en valor a biodiversidade, ao modelar e integrar estes factores e medir o seu impacto na ría. Asemade, “tecnificaría o sector primario, reforzando a competitividade e optimizando a produtividade e sostibilidade mediante a mellora de toma de decisións”.
A iniciativa incluiría dous restos principais. O primeiro, a realización de simulacións de poboacións virtuais en tres bancos marisqueiros a partir dun stock inicial e taxas de recrutamento, crecemento e mortaldade. O obxectivo, a obtención de estimacións nestas área pois, na actualidade, os datos analízanse con modelos tradicionais, aplicados de forma illada por banco e especie.
En segundo lugar, o estudo da evolución dos cefalópodos e pectínedos derivada dos efectos do cambio climático, como poden ser o polbo, a sepia, a vieira ou a volandeira. Para isto, a plataforma incorporaría unha capa de visualización que permita simular e visualizar sobre o mapa da ría os distintos factores ambientais, de xeito que facilite anticiparse aos seus efectos e impactos a medio e longo prazo.
Cos resultados obtidos, obteríase “unha visión integrada dos factores ambientais, económicos e sociais, coñeceríase con precisión o stock de especies comerciais a curto e medio prazo, e determinaría o asesoramento a produtores e empresas para mellorar a calidade e produtividade, o acceso a mercados máis esixentes logo dunha xestión máis eficiente dos recursos, a mellora da planificación e estratexias de conservación, a optimización da investigación e, no campo da I+D+I, a creación dun ecosistema de innovación entre análise de datos, ciencia e explotación mariña, promocionando as novas tecnoloxías no sector pesqueiro e marisqueiros e mellorando a xestión ecosistémica, a través da retroalimentación entre investigación e práctica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?