Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Comercio da Coruña organiza catro seminarios para achegar a IA ás pemes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Comercio da Coruña organiza catro seminarios para achegar a IA ás pemes

S. P.
Publicado: 10/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_coru.jpg Dende a Oficina Acelera Peme para Kit Dixital da Cámara da Coruña anuncian catro seminarios gratuítos adicados á Intelixencia Artificial (IA), encamiñados a pequenas e medianas empresas (pemes) que queiran achegar esta tecnoloxía nos seus procesos.
. O obxectivo desta proposta é que as empresas comprendan o potencial da IA e aprendan como aplicala á súa actividade, desde a automatización de tarefas ata a personalización de servizos ou á análise preditiva de datos. Deste xeito, a Cámara reforza o seu compromiso coa transformación dixital do tecido empresarial galego, apostando polo coñecemento e a capacitación en IA como chave para a competitividade e o crecemento.
Indo aos seminarios (webinars), sinalar que se celebrarán entre os meses de abril e xuño en modalidade online, estarán impartidos por expertos en tecnoloxía e transformación dixital, quen
abordarán as principais aplicacións da IA no eido empresarial. As sesións estarán centradas en aspectos prácticos e accesibles, para que as empresas poidan entender como aproveitar o potencial da IA.
A iniciativa está especialmente pensada para axudar ás pemes a identificar novas oportunidades de negocio e adaptarse a unha contorna dixital que evoluciona moi rápido.
As empresas interesadas poden inscribirse directamente na web da Cámara.
Os vindeiros webinars serán:
– Como incorporar a IA xenerativa ao plan de dixitalización do teu negocio, co KIT DIXITAL: 24 de abril.
– Incorpora IA ao CRM para mellorar as vendas do teu negocio, co KIT DIXITAL: 8 de maio.
– Como empregar a IA xenerativa en mercadotecnia online (e como non facelo), aproveitando o KIT DIXITAL: 5 de xuño.
– Maximiza o poder dos LLM e finánciao co KIT DIXITAL: respostas máis intelixentes con IA xenerativa: 19 de xuño.
Os interesados en ampliar información poden acudir á Oficina Acelera Peme para Kit Dixital, situada na sede da Cámara da Coruña. Tamén poden contactar a través do 981 216 072 ou ben escribindo a oap@camaracoruna.com.
– Xornada PEME Cibersegura. Seguridade dixital: Claves para Protexer o teu Negocio
A entidade organiza o 23 de abril, unha xornada dirixida a pemes, na que se informará sobre os aspectos básicos máis importantes a ter en conta sobre a seguridade e o tratamento da información nunha peme. Identificar as ameazas máis comúns, así como dar a coñecer boas prácticas e recomendacións de ciberseguridade para calquera negocio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?