Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae Consultores celebra os seus 19 anos de andaina facendo avanzar o noso sector TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae Consultores celebra os seus 19 anos de andaina facendo avanzar o noso sector TIC

S. P.
Publicado: 14/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

19_aniversario_6.jpgEste mes de abril a firma Vitae Consultores, referente galego na formación de empresas e profesionais TIC, está de celebración. Concretamente, este 19 de abril conmemora os seus 19 anos de andaina “nun sector tan incrible e dinámico como o sector das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, traballando dende o punto de vista das persoas ou dos recursos humanos”.
Desafíos en 2025
Segundo explican dende Vitae, en 2025 os retos “son varios”, pero destaca o aumento da complexidade da tecnoloxía e dos proxectos, o que leva a necesitar de bos equipos de profesionais TIC de diferentes áreas e tecnoloxías. Isto, sinalan, é “unha boa noticia para as empresas ou consultoras TIC que poidan ofrecer solucións técnicas en varios eidos tecnolóxicos”. Lembran tamén que “en Galicia temos un bo exemplo do devandito na consultora TI Plexus Tech, oficialmente a empresa TIC máis grande e importante de Galicia, con case 4.000 empregados e crecendo, do mesmo xeito que nun gran número de empresa TIC galegas excelentes e que a maioría xa están no Clúster TIC Galicia, do cal tamén somos socios, orgullosos do noso sector TIC galego, sinal e distintivo de Galicia Calidade sen ningunha dúbida”.
19_aniversario_5.jpgRespecto do contexto deste ano 2025, Vitae Consultores recorda que “en 2025, en plena era postpandémica, segue a haber un crecemento espectacular das necesidades TIC, e un exemplo disto foi a escaseza de chips que chegaron a parar a produción de sectores enteiros e houbo un crecemento enorme da demanda de profesionais das novas ferramentas dixitais, o que unido á falta dos mesmos desencadeou moitas tensións co aumento dos salarios e sobre todo a implantación do teletraballo que facilita moito atopar e contratar talento”. Con, todo, sinalan, isto estase a estabilizar este ano 2025 e “xa non hai tanta demanda de profesionais TIC, aínda que aínda existe moita demanda, pero xa de perfís sénior e expertos”.
Formacións estrela
Vitae engade que en actividades formativas, no apartado de operacións, a “raíña” segue a ser a capacitación en desenvolvemento de software (React) e a xestión do dato (Power BI), pero tamén salienta a mellora da calidade de desenvolvemento de software como Clean Code, TDD, QA, GIT, IA Github Copilot ….
En xestión a raíña é a axilidade, sinalan dende Vitae, se ben tense constatado un retroceso polo aumento da complexidade de novas opcións que non contribúen entro deste marco. A consultora tamén destaca o aumento de modelos híbridos de axilidade con preditivas cun gran éxito.
No apartado de dirección e habilidades persoais, Vitae salienta a existencia cada vez máis dunha dualidade na xestión de persoas e proxectos, e é a dualidade do xefe de proxecto ou product owner, orientado a persoas, e a xestión e o do líder técnico, orientado á tarefas e a xestión tecnolóxica, unha dualidade que “está a funcionar realmente ben e que soluciona en parte a tan temida falta do sentido de pertenza que implica o teletraballo”, explican dende a consultora tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?