Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 5G de altas prestacións de Telefónica está presente en máis de cen concellos de Pontevedra, Lugo e A Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 5G de altas prestacións de Telefónica está presente en máis de cen concellos de Pontevedra, Lugo e A Coruña

S. P.
Publicado: 14/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

logo-5g-telefo_nica-2.jpgTelefónica vén de facer balance da presenza da súa tecnoloxía 5G de altas prestacións (3.500 MHz) nas nosas catro provincias. Segundo fixo saber a operadora, a dita tecnoloxía está presente en 32 dos 61 municipios da provincia de Pontevedra, en 20 dos 67 de Lugo e en 52 dos 93 da Coruña. Estando pendentes de confirmar os datos de Ourense, Telefónica sinala que “estas cifras nos sitúan como líderes na despregadura desta banda, unha banda que ofrece altas velocidades e moi baixa latencia tanto a particulares como a empresas.
Volvendo a Pontevedra, a compañía lembra que puxo ao dispor dos seus clientes a cobertura 5G na banda de 700 MHz, presente xa no 90% dos municipios da provincia -un total de 55- e que mellora o servizo en interiores e alcanza unha cobertura máis ampla no exterior.
Na Coruña, a cobertura 5G na banda de 700 MHz está presente no 92% dos concellos (un total de 87). En Lugo, está presente no 94% dos concellos da provincia, un total de 63.
No conxunto de Galicia, Telefónica chega ao 93,3% da poboación con tecnoloxía 5G, proporcionando cobertura 5G de altas prestacións a 117 municipios e 5G en frecuencia de 700 MHz a 250.
A compañía explica que “esta despregadura na comunidade forma parte dun gran traballo de implantación destas tecnoloxías no conxunto do país, complementado cunha rede de fibra robusta única en España, e que en Galicia conta cunha cobertura próxima ao 90%, con máis de 1,8 millóns de fogares e empresas que xa poden gozar de FTTH”.
Presenza da 5G en España
Ao peche do pasado ano, Telefónica contaba en España con 1.500 municipios con despregadura en 3.500 MHz e en apenas tres meses xa superou o fito das 2.000 localidades ( 33%) Con este novo impulso, a operadora reforza a súa intención de “afianzar a capilaridade da rede de altas prestacións, coñecida como 5G para os clientes de Movistar e O2, para deste xeito ofrecela na práctica totalidade do territorio, desde grandes cidades ata poboacións medianas e pequenas localidades rurais, ademais das principais vías de comunicación ata poboacións medianas e pequenas localidades rurais con decenas de veciños”.
Todo iso permite a Telefónica ofrecer 5G a máis do 91% da poboación, cun crecemento progresivo desde o lanzamento desta tecnoloxía en setembro de 2020, cando a cobertura era do 78%.
Xunto coa ampliación desta despregadura 5G na rede móbil, Telefónica tamén acelerou o desenvolvemento da súa rede fixa sobre fibra FTTH (fibra ata o fogar), con 30,8 millóns de unidades pasadas a peche de 2024 (1,6 millóns máis que un ano antes).
Telefónica tamén activou a 5G Stand Alone (SA) en todos os municipios que contan con 5G da operadora, xa sexa a través da banda de 700 MHz, da de 3.500 MHz ou en ambas. Así, a 5G de Telefónica está presente xa en máis de 4.000 municipios de toda España, tanto en zonas urbanas do país como en rurais.
A 5G SA potencia as capacidades da 5G ao empregala en toda a infraestrutura de rede (core e acceso radio), o que, en palabras da operadora, “implica maiores velocidades de datos, menor latencia e maior fiabilidade”. A operadora engade que “esta tecnoloxía é de especial interese para as empresas, xa que permite facilitar a implantación de funcionalidades como o Network Slicing ou o Edge Computing, que son de gran relevancia en sectores como a industria ou a loxística (portos ou transporte por estrada) e en servizos públicos como a atención ao cidadán (Smart Cities)”.
Telefónica anunciou tamén que traballa nas posibilidades empresariais da 5G SA desde hai varios anos e realizou diversos casos de uso con clientes reais. Seguindo este fío a empresa engadiu que “o pasado verán convertémonos na primeira operadora en España en lanzar un servizo de conectividade móbil con Network Slicing 5G para empresas, e instaurámolo de maneira pioneira no servizo de emerxencias do 112 de Estremadura”.
A modalidade SA de 5G atópase xa dispoñible tamén nun amplo catálogo de terminal de máis de 200 modelos de distintos fabricantes e todas as gamas, que se seguirá ampliando.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?