Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado sinala a verificación da idade dos menores como o gran reto dixital para este Día do Neno 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado sinala a verificación da idade dos menores como o gran reto dixital para este Día do Neno 2025

S. P.
Publicado: 14/04/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

2025-carla_cendan-pintos_y_salgado-1.jpgO bufete de avogados Pintos & Salgado, especializado en servizos xurídicos ligados ás novas tecnoloxías da información, aproveita a celebración do Día do Neno, este martes 15 de abril, para compartir un comunicado no que o bufete galego enumera algúns dos grandes retos pendentes para mellorarmos en protección dixital da nenez. No comunicado Pintos & Salgado pon o foco en lembrar “a urxencia de protexer aos máis pequenos no seu desenvolvemento virtual, sabendo que son máis nativos dixitais que nunca”.
Para a especialista en protección de datos Carla Cendán, de Pintos & Salgado, “verificar a idade de cada usuario é fundamental se, como sociedade, queremos garantir que os menores non consuman contidos nocivos, perigosos ou inadecuados, desde pornografía a mensaxes de odio. E, ata a data, non fomos capaces de logralo”.

Contidos
  • Una efeméride de gran relevancia
  • Unha proposta española: a Carteira Dixital Beta

Una efeméride de gran relevancia

foto_de_arquivo-autoria_de_andrey-k.jpg Para o bufete galego, a relación entre os menores e o ecosistema virtual cobra máis relevancia que nunca dentro das conmemoracións do Día do Neno 2025, a xornada que se celebra este próximo martes, 15 de abril, e que serve como unha data de sensibilización sobre as necesidades de nenos, nenas e adolescentes en España. Para contribuír á visualización desta efeméride, o bufete de avogados Pintos & Salgado céntrase nun dos retos máis urxentes para o coidado da infancia: a verificación da súa idade no acceso a contidos adultos. “Sabemos que actualmente a verificación de idade na Internet non funciona de forma adecuada en relación coa normativa de protección de datos. É máis, moitos dos sistemas directamente nin funcionan: búrlanse con facilidade. O menor só ten que premer o botón Son maior de idade e accede directamente ao contido exclusivo para adultos”, expón Carla Cendán, avogada especialista en protección de datos do despacho.
Para Cendán, os datos oficiais que divulgan, entre outros, o Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, son preocupantes: “Sete de cada 10 adolescentes consumen pornografía de forma regular en España. E máis da metade dos mozos de entre 12 a 15 anos afirma ver pornografía, por primeira vez na súa vida, entre os 6 e 12 anos. Esa facilidade de acceso a contidos de adultos é o verdadeiramente preocupante por todo o que carrexa: unha visión distorsionada das relacións sexuais, actuar na adolescencia por imitación deses comportamentos pornográficos…”.
Aínda que os riscos van máis aló do pornográfico, como lembran desde Pintos & Salgado: “Falamos de nenos e nenas que poden poñerse en contacto con adultos perigosos, contratar produtos e servizos sen consciencia do que fan, que moneticen os seus datos persoais ou que mesmo lles sexan inducidos comportamentos aditivos, coas futuras consecuencias na súa integridade física ou mental”.
A gran clave dentro desta problemática é, para o bufete galego, traballar na construción de novos deseños axeitados que reaccionen non cando se detectou o dano ou impacto –como sucede na actualidade– , senón que poidan previr o propio acceso. Con todo, a especialista Carla Cendán é rotunda: en ningún caso o proceso de verificación de idade debe “proporcionar recursos para que os provedores de servizos identifiquen, localicen, perfilen ou sigan a actividade dixital das persoas”. Unha cuestión, esta última, básica para a protección do dereito á intimidade dos usuarios, destaca a avogada.

Unha proposta española: a Carteira Dixital Beta

foto_de_arquivo-autoria_de_sanket-mishra.jpg No seu comunicado o bufete Pintos & Salgado destaca a inclusión dunha proposta no proxecto de Lei Orgánica para a protección das persoas menores que este pasado mes de marzo aprobou o Consello de Ministros. Trátase da denominada como Carteira Dixital Beta, un sistema público que regulará o acceso dos menores, deseñada a modo de aplicación móbil con capacidade de almacenar de forma segura a credencial de maioría de idade do cidadán/a. A Carteira Dixital Beta incorporará, segundo a información ofrecida polo Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, un “sistema de dobre autenticación para evitar que os menores accedan a través dos dispositivos de adultos”. Como peche da súa análise, Carla Cendán alude a un compromiso colectivo: “Protexer aos menores de idade incumbe á sociedade no seu conxunto. No mundo analóxico e no virtual debemos tecer unha rede de coidado, defensa e acompañamento do menor para que poida desenvolverse como adulto en condicións seguras”.
Para o Día do Neno 2025, desde o bufete de avogados Pintos & Salgado urxen “pensar e debater moito máis sobre o acceso e bo uso da tecnoloxía dos nosos menores. En xogo están os dereitos fundamentais de moitas infancias e adolescencias”, conclúen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?