Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA fará avanzar a busca de novos fármacos e a eficiencia no ecosistema biotech galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA fará avanzar a busca de novos fármacos e a eficiencia no ecosistema biotech galego

S. P.
Publicado: 15/04/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

jose_manuel_lopez_vilarino_izqu_presidente_de_bioga_y_lois_orosa_director_del_cesga.jpgO ecosistema biotecnolóxico de Galicia, representado a través de Bioga, e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) veñen de afianzar o seu compromiso conxunto para que a computación de altas prestacións desenvolva todo o potencial do sector da biotecnoloxía en Galicia e incremente as súas melloras competitivas.
As dúas entidades mostraron a súa aposta por unha “firme e decidida colaboración”, iniciada xa hai máis de 15 anos. Así o veñen de reafirmar o presidente de Bioga, José Manuel López Vilariño; e o director do CESGA, Lois Orosa. “Somos un aliado clave e estratéxico para o sector biotecnolóxico e traballamos a diario para identificar necesidades que axuden a mellorar a súa competitividade”, destacou o máximo responsable do Centro de Supercomputación.
“O CESGA é unha panca de competitividade para o sector biotecnolóxico; a nosa colaboración será clave para avanzar nunha contorna competitiva e de altísimo valor engadido”, engadiu o presidente de Bioga.
Sinalaron tamén que “ambas as entidades trababan para lograr, entre outros obxectivos, unha redución de custos no deseño de novos compostos e a redución de tempos na procura de novos fármacos”.
Colaboración fundamental
O presidente de Bioga sinalou que “é unha responsabilidade” que o Plan Galego de Innovación e Investigación 2025-2027 puxera o foco na biotecnoloxía e nas tecnoloxías cuánticas e a Intelixencia Artificial. Considérao unha “oportunidade única” e “un acerto”, porque faise fincapé nas Ciencias da Vida e na supercomputación; e porque “axudará a renovar e modernizar a economía de Galicia”.
Lois Orosa, pola súa banda, lembrou que o CESGA traballa para cumprir eses obxectivos do plan. “Identificamos necesidades e avanzamos para poñer en marcha novas ferramentas e servizos” que estean ao dispor do ecosistema biotecnolóxico. Orosa puxo o exemplo dun Demostrador de Espazo de Datos especializado en One-Health, que “facilitará a explotación de información para a investigación no ámbito biosanitario a empresas e axentes públicos”. O CESGA, engadiu, “está agora en proceso de procura de perfís cualificados para desenvolver esta iniciativa”. E lembrou que en Bioga “hai empresas e proxectos que traballan nestas áreas” e que “poderán traballar con esta nova ferramenta”.
Luís Orosa apuntou que unha das principais apostas do Centro de Supercomputación de Galicia é a bioinformática. “Temos instaladas máis de 400 aplicacións nesta área; e outras 100 vinculadas á química e materiais”, sinalou, ao tempo que estimou que “o sector das Ciencias da Vida consume ao redor do 30% da capacidade de computación do CESGA”. “O noso compromiso co ecosistema biotech é firme”, apuntou o director do Centro de Supercomputación de Galicia”.
HPC
Coincidiron tamén en afirmar que a computación de altas prestacións (HPC) é xa unha ferramenta indispensable para o sector biotecnolóxico de Galicia. “Constitúe un motor fundamental para que as nosas empresas poidan seguir innovando e desenvolvendo novos proxectos”, sinalou o presidente de Bioga. Pola súa banda, Orosa puxo o foco en casos concretos nos que a HPC pode axudar ao ecosistema biotech: por exemplo no Cribado Virtual de Alto Rendemento (HTVS), no Modelado e Simulación Molecular Avanzados, no Deseño de Fármacos Baseado na Estrutura, na Análise de Datos a Gran Escala para Xenómica e Medicina Personalizada e na Intelixencia artificial e Aprendizaxe Automática.
Acelerar procesos
Lois Orosa, a xeito de resumo, destacou que a computación de altas prestacións pode axudar ao ecosistema biotecnolóxico de Galicia “a acelerar drasticamente o proceso de descubrimento de fármacos; a reducir os custos do proceso investigador; a explorar novos espazos; a obter información precisa sobre interaccións moleculares; a predicir novas propiedades dos compostos en etapas temperás ou a facilitar o deseño racional de compostos e fármacos con maior eficacia e seguridade”. Son só uns cantos exemplos.
O presidente de Bioga, pola súa banda, reiterou que existe “un enorme potencial”. Ao seu xuízo, “a colaboración entre o sector biotecnolóxico e a supercomputación é estratéxica nunha sociedade que aposte polo coñecemento; e nos vindeiros anos seguirá a medrar”. José Manuel López Vilariño lembrou que “as novas ferramentas e as grandes bases de datos xa están a disposición e ao alcance de investigadores e de sectores para os que hai poucos anos era imposible acceder”. “Identificamos gran potencial nos ámbitos de traballo que requiran coñecer o comportamento de moléculas individuais en contornas biolóxicas; polo que o futuro da alimentación e a cosmética funcional tamén pasa por aí”, apuntou o presidente do Clúster Tecnolóxico das Ciencias da Vida, un sector que factura ao ano máis de 1.600 millóns de euros e xera case 5.000 empregos directos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?