Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A edición 2025 do certame Enreguéifate xa ten palmarés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A edición 2025 do certame Enreguéifate xa ten palmarés

S. P.
Publicado: 15/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

enregueifate-6.jpgXa hai gañadoras da edición 2025 de Enreguéifate, que reivindica a través de contidos audiovisuais a arte da improvisación oral galega. A oitava edición do certame impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo bateu récord de participación, cun cento de vídeos recibidos.
En concreto, o Enreguéifate 2025 pechou inscricións cun total de 96 vídeos recibidos de participantes procedentes de máis dunha vintena de concellos galegos. Foi, sinalaron os concellos organizadores, “unha cifra de récord que confirma a boa saúde da regueifa e da improvisación oral”.
Coma en edicións anteriores, o certame impulsado polos servizos de normalización dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo contou con dúas categorías: unha xeral e outra escolar. Nesta ocasión, eran oito os premios a repartir en cada unha delas: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada, á mellor falada, á máis inclusiva e á máis entroideira.
O xurado estivo composto por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; Bea Vilaverde, técnica do Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela; e Lucía Ferro, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.
Estes son os vídeos gañadores, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube:
CATEGORÍA XERAL
– Regueifa máis brava: Paco Felípez e Oscar García, “Veciños ben levados” (Carballo e Malpica).
– Regueifa máis aguda: Arrieiro e Chaminho, “Video-regueifa atlántica” (Malpica e A Coruña).
– Regueifa máis diversa: Escola da Regueifa de Carballo, “A nosa propia melodía” (Carballo).
– Regueifa máis reivindicativa: Ministras, “Se nós fósemos ministras” (Pontevedra)
– Regueifa mellor falada: ex aequo para Guerreiras regueifeiras, “Cidades galegas” (Santiago de Compostela), e Iria e Javi, “Vivan as nosas poetas” (Santiago de Compostela).
– Regueifa mellor cantada: Asociación Cultural Coro Virxe da Renda, “Cantar e desfrutar” (Poio).
– Regueifa máis inclusiva: Teiseiros Regueifeiros, “Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro” (Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo).
– Regueifa máis entroideira: premio deserto.
CATEGORÍA ESCOLAR
– Regueifa máis brava: Os falabarato, “CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo” (Carballo)
– Regueifa máis aguda: 6º B Quiroga Palacios, “Regueifa do banquete” (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela).
– Regueifa máis diversa: Regueifeiras do Rosalía, “Regueifa pola diversidade” (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela).
– Regueifa máis reivindicativa: Regueifeiras do Camballón, “Altri non! Mina non!” (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces.
– Regueifa mellor falada: A cuarta revolta, “Continuemos co legado” (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños).
– Regueifa mellor cantada: Regueifeiras de Dodro, “Emoción ou razón?” (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro).
– Regueifa máis inclusiva: Radio Regueifa Inclusiva, “Somos diferentes, somos referentes” (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela).
– Regueifa máis entroideira: As Entroideiras, “O Entroido galego” (CEIP San Martiño, Pontevedra).
Gala Enreguéifate – Regueibertso
O 19 de maio, ás 11:30 horas, terá lugar a entrega de premios nunha gala no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento será ademais unha celebración conxunta co Regueibertso, un programa apoiado pola Deputación da Coruña que procura a sensibilización lingüística e a difusión da regueifa e o bertsolarismo entre a xente nova. Xurdido en 2016 dentro do Proxecto Regueifesta, colectivo educativo da Asociación ORAL, o Regueibertso consiste nun intercambio entre alumnado improvisador de Galicia e do País Vasco. Este ano, a convivencia entre escolares regueifeiras e bertsolaris terá lugar en Santiago de Compostela durante a fin de semana das Letras Galegas e concluirá coa participación da rapazada na gala do Enreguéifate – Regueibertso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?