Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Celanova, Ribadavia e Xinzo xa contan coa aplicación DICIREG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Celanova, Ribadavia e Xinzo xa contan coa aplicación DICIREG

S. P.
Publicado: 16/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imaxe1.jpgFoi onte, martes 15 de abril, cando o Executivo central daba conta no Boletín Oficial do Estado (BOE) da posta en marcha da aplicación DICIREG nas oficinas do Rexistro Civil dos partidos xudiciais de Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia.
Trátase dunha ferramenta que posibilita a xestión electrónica de nacementos, matrimonios e defuncións e facilita o servizo de españois en países estranxeiros, a través das Embaixadas e Consulados.
Pola súa banda, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, quixo salientar este martes “o gran compromiso” do Executivo central coa dixitalización e a modernización dos servizos de atención á cidadanía. Deste xeito se manifestou durante a presentación da plataforma DICIREG na oficina do Rexistro Civil do Barco de Valdeorras, onde estivo acompañado polo alcalde do municipio, Alfredo García, e o letrado responsable do Rexistro Civil do partido xudicial, Manuel López Cendón.
Asemade,Eladio Santos anunciou que o BOE publicaba este martes a entrada efectiva da aplicación informática DICIREG nas oficinas do Rexistro Civil dos partidos xudiciais de Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia, “o que quere dicir que a provincia de Ourense avanza”.
Máis polo miúdo, fica aprobado o comezo do funcionamento da ferramenta nas oficinas xerais e nas oficinas colaboradoras dos partidos xudiciais de Celanova (A Bola, A Merca, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado e Ramirás), Ribadavia (A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Pontedeva) e Xinzo de Limia (Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Vilar de Santos).
Voltando á ferramenta, dicir que fai máis doada a tramitación electrónica de expedientes, a inscrición de feitos relativos ao estado civil das persoas, a organización da información en formato dixital e o acceso por vía telemática á mesma. Deste xeito permite a xestión electrónica de eventos como nacementos, matrimonios e defuncións, posibilitando á cidadanía o acceso a certificados e trámites de maneira segura e en remoto. Outra das melloras deste sistema é que facilita o servizo de españois en países estranxeiros, xa que desde as Embaixadas e Consulados poderase acceder a datos de diferente orixe integrados nunha única plataforma.
O subdelegado do Goberno engadiu que DICIREG está adaptada ao novo modelo de Rexistro Civil, “un rexistro do século XXI que permite a interoperabilidade entre Administracións Públicas e a diminución de tempos para as persoas usuarias”.
Por último, informar que a introdución desta ferramenta atópase inserida no proceso de modernización da xustiza que está a levar a cabo o Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?