Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ ofrece seis novos obradoiros TIC entre o 21 e o 25 de abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ ofrece seis novos obradoiros TIC entre o 21 e o 25 de abril

S. P.
Publicado: 21/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana (do 21 ao 25 de abril) seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato tanto presencial como telemático (todas elas requiren inscrición previa), afondarán en cuestións de grande interese para o tecido empresarial da provincia como son os infoprodutos, o comercio en liña, a fotografía de produto, estratexias de contido, análise de datos e o concepto de Produto Mínimo Viable.
Este luns 21 celebrarase o obradoiro telemático Infoprodutos II. Deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores, coordinado pola oficina de Lalín a partir das 12:00 horas. Nesta segunda sesión do obradoiro os participantes afondarán no concepto de lead magnet, unha serie de incentivos para o crecemento óptimo dos negocios en liña que permiten aumentar os contactos. Será impartido por Fátima Faílde (licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, cun posgrao en Comunicación e Industrias Creativas e experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa) e as inscricións pódense realizar no formulario xa dispoñible.
O martes 22, en formato telemático ás 12:00 horas, a oficina de Vigo coordina o obradoiro Woocommerce II. A solución que buscabas para vender por Internet. Nesta sesión os inscritos poderán seguir afondando nesta solución de comercio electrónico, aprendendo a instalalo, configuralo, distinguir entre as distintas opcións que ofrece para engadir produtos e os distintos plugins de seguridade, pedidos ou campos co que se poden complementar. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado e será impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas cun posgrao en Comunicación Corporativa.
A oficina de Vigo tamén coordina o martes outro obradoiro telemático, ás 17:00 horas, Presentación do Produto Mínimo Viable (PMV), no que se explicará o significado deste concepto e a súa importancia no desenvolvemento de ideas de negocio, así como a diferenza entre este e un prototipado. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento. O formulario de inscricións para esta acción formativa pode atoparse na ligazón xa dispoñible.
O mércores 23 será o obradoiro telemático Xera unha estratexia de contido gañadora con ChatGPT, organizado polo punto SmartPeme+ do Porriño e con comezo ás 12:00 horas. As persoas participantes aprenderán a utilizar a Intelixencia Artificial para crear unha estratexia de contido sólida e adaptada ao seu negocio, xerando publicacións que conecten coa súa audiencia. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión, con preto dunha década de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario.
Tamén o mércores, pero en modalidade presencial ás 18:00 horas na oficina de Ponteareas, celebrarase o obradoiro Fotografía de produto para o teu E-commerce e redes sociais. A acción incidirá na importancia da fotografía como escaparate en liña, e na atención que se lle debe prestar á luz ou a composición das mesmas. As persoas asistentes aprenderán sobre ferramentas, materiais e practicarán con programas de edición en liña. Será impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico con experiencia en fotografía de produto. As inscricións pódense realizar o formulario dispoñible.
O xoves 24 remata a programación da semana cun obradoiro presencial no punto SmartPeme+ de Cambados ás 17:00 horas, co título Power BI dende cero II, que seguirá afondando na ferramenta Microsoft Power BI para a análise de datos. Nesta lección, impartida polo asesor da oficina, Jose Luis Taboada, abordaranse conceptos como o modelado de datos, as visualizacións, a creación de informes ou o DAX. As inscricións poden realizarse dende o formulario dispoñible.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?