Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios María Luz Morales abren o prazo de recepción de candidaturas para a súa IX edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios María Luz Morales abren o prazo de recepción de candidaturas para a súa IX edición

S. P.
Publicado: 21/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_maria_luz_morales.jpgA novena edición dos Premios María Luz Morales de Ensaio e Vídeoensaio sobre o Audiovisual está en marcha. O prazo de recepción de traballos está aberto ata o día 14 de setembro. Organizados pola Academia Galega do Audiovisual, son, en palabras da entidade, “os únicos galardóns en Galicia que contan co apoio das catro deputacións provinciais”. Buscan impulsar a produción académica relacionada co ámbito audiovisual e distribuíron un total de 38.400 euros en premios ao longo das súas oito edicións anteriores.
Os premios levan o nome da xornalista María Luz Morales en recoñecemento ao seu legado. Esta intelectual e pioneira da crítica cinematográfica española foi a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito estatal. Republicana e figura destacada na defensa dos dereitos das mulleres, mantívose en activo ata os 91 anos de idade.
A convocatoria deste ano reafirma o seu compromiso coa excelencia académica e a diversidade de temas abordados neste ámbito. Dende a súa creación, os Premios María Luz Morales estimularon a produción de máis de 180 traballos de investigación en materia audiovisual, dos cales 43 foron premiados. Temas como o feminismo, a representación feminina, a análise de películas e series, e o paisaxe na obra audiovisual, foron recorrentes entre os traballos premiados.
O certame conta con catro categorías:
– Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego.
– Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional.
– Mellor videoensaio sobre audiovisual galego.
– Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional.
Todos os traballos deben presentarse en lingua galega e o gañador de cada categoría recibirá un trofeo conmemorativo e unha suma de 1.200 euros.
Entre as persoas que obtiveron un dos galardóns encontramos ao produtor e guionista Pepe Coira, responsable de series como Hierro ou Rapa; Lucía Estévez, directora da serie Os Argonautas e a moeda de ouro (RTVE); críticos cinematográficos como Iván Villarmea ou Brais Romero; programadores cinematográficos como Severiano Casalderrey ou Víctor Soho; a comisaria de exposicións Sara Donoso; a script Alba Gallego; Marcos Nine, cineasta guionista da serie Unha historia de crimes ou Ester G. Mera, directora de videoclips e fashion films.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?