Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación Empresarial do Tambre organiza unha xornada para axudar ás empresas a integrar a IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación Empresarial do Tambre organiza unha xornada para axudar ás empresas a integrar a IA

S. P.
Publicado: 22/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ricardo_ribeiro.jpgA Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) celebrará o vindeiro xoves, 24 de abril, a xornada Transforma o teu negocio coa IA e SAP Business One, a partir das 9:30 horas no Centro Empresarial do Tambre (Vía Édison, 1. Polígono do Tambre), organizada en colaboración coa consultoría tecnolóxica para empresas Inforges.
O evento está deseñado para directores executivos (CEOs), directores xerais e responsables de Tecnoloxías da Información que buscan mellorar a capacitación dos seus equipos para que tomen decisións rápidas, intelixentes e fundamentadas.
O directivo de SAP para canles de B1 en España, Ricardo Ribeiro, impartirá a sesión na que explicará como integrar a Intelixencia Artificial nos procesos de xestión empresarial con SAP Business One. Presentará casos prácticos de uso e solucións baseadas en IA e o seu impacto positivo na eficiencia operativa das pemes. “A xornada servirá para coñecer de primeira man as funcionalidades de SAP Businness One nas empresas en áreas como a xestión financeira, xestión de compras e inventario, business intelligence, xestión de vendas e clientes, cliente web, analíticas e informes e planificación da produción”, apunta Ribeiro.
poligono_tambre_santiagocartel_xornada.jpg As persoas participantes descubrirán como ter unha visión única do negocio para manter o control, sobre todo se a información se atopa en diferentes aplicacións ou mesmo localizacións; como dispor de tecnoloxía que permita á empresa avanzar na súa transformación dixital dentro duns custos razoables; e como un ERP (Enterprise Resource Planning, en galego Planificación de Recursos Empresariais) implica maior visibilidade de todo o que sucede na contorna do negocio. Ricardo Ribeiro adianta que con estas técnicas poderanse analizar os datos en tempo real para mellorar a toma de decisións, establecer tendencias de compra, identificar e segmentar mellor aos clientes, realizar campañas personalizadas e, por suposto, mellorar a atención ao cliente co obxecto de “multiplicar as vendas”.
Ricardo Ribeiro é executivo de Tecnoloxías da Información, xerente de Canles de SAP B1 en España, con 30 anos de experiencia en tecnoloxía para negocios. Posúe un MBA en xestión estratéxica de tecnoloxía e un MSc en Administración, especializado en colaboración empresarial e construción de ecosistemas de negocio.
A actividade ten prazas limitadas e a inscrición estará aberta ata completar o aforo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?