Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo Centro de Formación da Cámara da Coruña estará operativo antes de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo Centro de Formación da Cámara da Coruña estará operativo antes de verán

S. P.
Publicado: 22/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camara_coruna_cfcamara_1.jpgA Cámara da Coruña avanza nas obras para o que será o seu novo Centro de Formación, en palabras da entidade cameral “unha infraestrutura clave que busca potenciar o desenvolvemento profesional e empresarial da área” e que vén consolidar á entidade como referente en materia de formación empresarial e para o emprego.
“Este centro nace coa vocación de converterse nun referente para a formación de calidade, aliñada coas demandas do tecido produtivo e os retos da transformación dixital, a sustentabilidade e a internacionalización”, destacou o presidente da Cámara, Antonio Couceiro, engadindo que con esta nova infraestrutura, a Cámara busca reforzar o seu papel como ponte entre o sistema educativo e o mundo empresarial, facilitando programas formativos innovadores en áreas fundamentais e de gran proxección futura como a dixitalización, a Intelixencia Artificial, a sustentabilidade, os idiomas ou as habilidades brandas (soft skills), entre outros eidos de actividade.
coruna_cfcamara_2.jpg O centro tamén acollerá iniciativas vinculadas á Formación Profesional Dual, programas de empregabilidade para colectivos vulnerables e accións de formación para autónomos, pemes e emprendedores.
Desenvolvido e financiado ao 100% pola entidade, contará con 750m² de instalacións, situados no terceiro andar da súa sede central. As súas instalacións contarán con 2 aulas informáticas, unha dedicada a actividades formativas hostaleiras, varias aulas multifuncionais e zona de networking e descanso. A súa finalización está prevista para os próximos meses, co obxectivo de comezar as primeiras actividades formativas no novo espazo antes de verán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?