Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Luis de Salvador, director da División de Innovación Tecnolóxica da AEPD, Premio Traxectoria Profesional do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Luis de Salvador, director da División de Innovación Tecnolóxica da AEPD, Premio Traxectoria Profesional do CPEIG

S. P.
Publicado: 22/04/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

luis_de_salvador-2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio Traxectoria Profesional da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2025 ao doutor en Informática Luis de Salvador, director da División de Innovación Tecnolóxica da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) desde 2019.
O CPEIG argumenta que é unha verdadeira honra conceder este premio a unha persoa cunha “formación e traxectoria profesional absolutamente brillantes”, como destaca o seu currículo, ademais de ser un orgullo para o Colexio que Luis de Salvador pase a formar parte dos profesionais da informática que conforman a entidade, mesmo como un colexiado máis. “Nun momento de incerteza no uso da tecnoloxía, persoas sensatas e pausadas como Luis son fundamentais para achegar rigor e visión no desenvolvemento de normas e recomendacións. Recoñecemos así o seu labor á fronte da área de innovación tecnolóxica da AEPD, onde se están sentando as bases para as garantías no uso de servizos tecnolóxicos por toda a sociedade, pero en especial por colectivos tan sensibles como os menores”, explica o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
Premio Nacional de Enxeñería Informática polo desenvolvemento técnico dun sistema de verificación de idade para protexer aos menores
Luis Antonio de Salvador Carrasco (Pamplona, 1967) impulsou desde a División de Innovación Tecnolóxica da AEPD o desenvolvemento de máis de 100 guías, notas técnicas, artigos e ferramentas sobre a aplicación do Regulamento Xeral de Protección de Datos en tratamentos con compoñente tecnolóxico como Intelixencia Artificial, espazos de datos, xestión do risco, biometría, Internet, brechas de datos, protección de datos desde o deseño e por defecto, etc.
Foi o responsable da AEPD para o desenvolvemento técnico da proposta dun sistema de verificación de idade para protección de menores que conseguiu os Premios á Innovación e do público na Global Privacy Assemby de 2024, o Premio Nacional de Enxeñería Informática do Consejo General de Colegios Profesionais de Ingeniería Informática de España (CCII), o Premio Nacional de Informática e Saúde da Sociedade Española de Informática da Saúde (SEIS) e o Premio SOCINFO Dixital. Como xefe de inspección da AEPD desde 2008, xestionou máis de 1.500 inspeccións anuais, realizando as primeiras inspeccións multinacionais e as auditorías de maior impacto a nivel europeo feitas pre-RGPD, entre outras.
A formación como informático de Luis de Salvador comezou en 1984 coa obtención do título de programador pola Universidade de Granada e, posteriormente, cos títulos de licenciado e doutor en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid, Máster en Administración de Empresas pola UNED e Máster en Administración Pública das TIC polo Instituto Nacional de Administración Pública. Completou a súa formación con diversos cursos de potgrao no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), na Universidade de California Los Ángeles (UCLA), na Escola Politécnica Federal de Laussane e na British Computer Society.
luis_de_salvador_1.jpg A súa carreira profesional no mundo da informática estivo ligada inicialmente á programación e comercialización de computadores. Foi reporteiro de revista CHIP Informática Profesional. Tamén obtivo bolsas no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). A continuación, traballou como científico invitado no Instituto de Técnicas de Alta Frecuencia do Deutsche Forschungsanstalt für Luft-und Raumfahrt, e no Laboratorio de Hw e Control Avanzado do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), onde máis tarde ocupou o posto de xefe do Laboratorio de Radar. No INTA traballou no desenvolvemento dunha familia de microprocesadores de alto rendemento para sistemas intelixentes dentro dun proxecto CICYT en colaboración con distintos departamentos de Intelixencia Artificial, na campaña de detección con radar das manchas de petróleo na crise do Prestige, desenvolvemento de simuladores de sistemas SAR, entre outros. Foi director técnico de proxectos no Centro de Comando, Control, Comunicacións e Simulación da Dirección Xeral de Armamento e Material, para posteriormente traballar no Instituto Español de Estudos Estratéxicos. É reservista voluntario do Exército do Aire desde 2006 co emprego de tenente.
No ámbito internacional, Luis de Salvador é actualmente o líder do compoñente de protección de datos do proxecto europeo EU4DigitalUA para a dixitalización de Ucraína desde 2021, ademais de participar en numerosos proxectos europeos e con estancias profesionais en 26 países. Actualmente colabora no grupo técnico do Comité Europeo de Protección de Datos, coa Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade (ENISA) e outros. Foi tamén membro de diversas comisións da OTAN.
Na docencia, Luis de Salvador foi durante 25 anos profesor na Universidade Europea de Madrid, e colaborou nos programas de varias universidades en temas de privacidade, lexislación TIC, seguridade, criptografía e redes de computadores. Participou en dez libros sobre normativa de privacidade, docencia, Administración Electrónica ou tecnoloxía, realizou numerosas publicacións en revistas e organizou congresos nacionais e internacionais.
O galardón entregarase na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Porta do Camiño de Santiago. O evento é un punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?